Entregados na Biblioteca Provincial os premios do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Os traballos recoñecidos foron seleccionados entre os mellores das fases locais desenvolvidas ao longo do territorio lucense
entrega-de-premios-biblioteca-nodal
20 Jun 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo entrega dos premios aos 19 escolares gañadores da fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2025, un concurso organizado pola Biblioteca Pública de Lugo coa colaboración das bibliotecas municipais da provincia. Os traballos recoñecidos foron seleccionados entre os mellores das fases locais desenvolvidas ao longo do territorio lucense.

O acto de entrega de premios tivo lugar onte na Biblioteca provincial e contou coa presenza do director territorial da consellería en Lugo, Manuel Antonio Fernández Piñeiro, e da directora da Biblioteca Pública de Lugo, Isabel Pérez Fórneas, entre outras autoridades.

Na categoría de narración, os galardoados foron, na sección A (ata 8 anos), Héctor Gómez González (Biblioteca de Ribadeo) co primeiro premio, Jesús Manuel Villapol Rañón (Biblioteca de Ribadeo) co segundo, e Mia Seijas Gómez (Biblioteca de Antas de Ulla) co terceiro.

Na categoría B (de 9 a 11 anos), o primeiro premio foi para Antón Rodríguez Fernández (Biblioteca de Chantada), o segundo para Manuel Coucheiro Rodríguez (Biblioteca de Antas de Ulla) e o terceiro para Xiana Vázquez Guerrero (tamén da Biblioteca de Antas de Ulla). Concedéuselle ademais un accésit a Vera Otero Dorrego (Biblioteca de Barreiros).

Na categoría C (de 12 a 16 anos), os premios recaeron en Pablo Coucheiro Rodríguez (Biblioteca de Antas de Ulla), que obtivo o primeiro premio; Icíar Barcia Iglesias (Biblioteca de Ribadeo), segundo premio; e Inés Ben Orosa (Biblioteca de Viveiro), terceiro.

No apartado de debuxo, na categoría A (ata 8 anos), os premiados foron Aroa Fernández Barreiro (Biblioteca de Outeiro de Rei), Xoel López Prieto (Biblioteca de Monforte de Lemos) e Matilde Rivas Cela (Biblioteca de Foz), con primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente.

Na categoría B (de 9 a 11 anos), o primeiro premio foi para Breixo Fernández Méndez (Biblioteca de Monforte de Lemos), o segundo para Anxo Arza Núñez (Biblioteca de Quiroga) e o terceiro para Manuel Coucheiro Rodríguez (Biblioteca de Antas de Ulla).

Finalmente, na categoría C (de 12 a 16 anos), os recoñecementos foron para Flavia María Mena Lopes (Biblioteca de Ribadeo) co primeiro premio, Carla García López (Biblioteca de Ribadeo) co segundo e Zaida García Seco (Biblioteca da Pastoriza) co terceiro.

Este certame, que cada ano celebra a creatividade da mocidade galega no marco das Letras Galegas, continúa a ser un referente cultural e educativo nas bibliotecas públicas da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.16789603233337