Entregados na Fonsagrada os premios da campaña Merca no teu Comercio

A Praza do Concello da Fonsagrada acolleu a entrega dos premios correspondentes á campaña Merca no teu comercio, que se desenvolveu entre o 10 e o 25 de xullo no municipio da Fonsagrada.
Entre os consumidores que mercaron nos establecementos desta localidade durante a iniciativa, sorteáronse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.
Merca no teu comercio ten premio é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello da Fonsagrada.
Na entrega de premios participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles, Luis Fernández Díaz, secretario xeral técnico da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; e Teresa Fernández Pérez, concelleira de Asuntos Sociais do concello da Fonsagrada.