Entregados os diplomas do obradoiro de emprego Ponte de Areas IV

LugoXa
Este venres foron entregados os diplomas aos 20 alumnos traballadores que se formaron no obradoiro de emprego Ponte de Areas IV.
obradoiro emprego guntin
25 sep 2021

Este venres foron entregados os diplomas aos 20 alumnos traballadores que se formaron nos últimos meses no obradoiro de emprego Ponte de Areas IV.

A partir de outubro estará en marcha a quinta edición desta iniciativa, impulsada polos mesmos concellos e financiada pola Consellería de Emprego e Igualdade, que destinou 694.000 euros nos dous últimos anos a mellorar os perfís profesionais de persoas desempregadas destes municipios a través de ambos obradoiros.

Os participantes teñen acceso a un contrato de traballo e reciben unha formación axustada ás demandas do tecido produtivo e ao finalizar obteñen un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado para acreditar esa capacitación. O obradoiro que agora remata impartiu tres especialidades: operacións auxiliares de Albanelería de fábricas e cubertas e Revestimentos lixeiros e técnicos en construción e Fábricas de albanelería.

Entre as actuacións realizadas figuran traballos de recuperación de vellas escolas –a de Guntín e as de Maceda e Agros, no Corgo-; obras de restauración da antiga Casa do Concello do Páramo para adicala a usos sociais; e a recuperación de mobiliario urbano no paseo fluvial do río Ferreira (Guntín).

0.14291000366211