Entregados os premios de poesía e postais en Outeiro de Rei
A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei fixo entrega dos premios do V Concurso de Postais NADAL 2020 no que participaron 89 rapaces e rapazas e dos premios do Certame de poesía infantil Nadal 2020 no que se presentaron 116 traballos.
Ambos actos tiveron lugar hoxe ás 11:20 h no salón de actos da Casa da Cultura; os premiados recibiron un diploma e como agasallo un lote de libros e material escolar.
A entrega de premios realizouna o alcalde, José Pardo Lombao e a directora do Colexio Público Laverde Ruiz, Noa Piñeiro.
Ademais, todos os nenos e nenas participantes en ambos os dous certames recibiron un libro de lectura que se repartiu nas aulas, agasallo do Concello de Outeiro de Rei, co obxectivo de fomentar a imaxinación e a lectura.
Entre os máis pequenos, ata 8 anos, os premios foron para Daniel Mera Cambiazo (de 3º de Primaria), Iago Río Pernas (1º de Primaria) e Daniel Picado Sarceda (3º de Primaria).
Tamén se concederon dous accésit a Irene Sotillo Izquierdo (2º de Primaria) e Claudia Carreira Freire (3º de Primaria).
Na categoría de 9 a 11 anos, a gañadora foi Antía López López (6º de Primaria), seguida de Nadia López Darriba (6º de Primaria) e Iván Jesús Río Pernas (4º de Primaria). Tamén se concederon accésit a Nerea Neira Rojo (4º de Primaria) e Iratxe Totoricabuena Rodríguez (5º de Primaria).