Entregados os premios do concurso de tapas da Fonsagrada

LugoXa
A tapa de mellor sabor foi para o restaurante O Piñeiral e a de mellor presentación para o Mesón Castro Ventos
concurso-de-tapas-a-fonsagrada
30 Jul 2025

Tivo lugar a entrega de premios do XII Concurso de Tapas da Fonsagrada 2025, unha cita consolidada no calendario gastronómico da vila que cada ano atrae a veciños e visitantes para saborear a creatividade e o bo facer da hostalaría local.

Na presente edición, o galardón á tapa co mellor sabor foi para o restaurante O Piñeiral, mentres que o premio á mellor presentación recaeu no Mesón Catro Ventos. Ademais, os dous premios outorgados polo Concello da Fonsagrada, consistentes en dúas cestas de produtos locais, foron para Nazaret Carrín Fernández e Elías Fernández Álvarez.

Dende o Concello da Fonsagrada quixeron agradecer a participación de todos os establecementos nesta doce edición e tamén a resposta do público, que acudiu un ano máis a apoiar e degustar a riqueza da gastronomía local. Finalmente, trasladaron os seus parabéns ás persoas premiadas, destacando o éxito desta iniciativa que une cultura, turismo e tradición.

⚙ Configurar cookies
0.17182803153992