Entregados os premios do concurso de tapas de Lugo, no que participaron 27 locais

LugoXa
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto coa concelleira de Participación a XVIII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que tivo lugar esta mañá no MIHL Maite Ferreiro destacou “a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local”, e fixo fincapé na importancia do Concurso de Tapas “para promocionar os produtos locais e o consumo de Km0”.
entrega concurso de tapas concello de lugo
29 Nov 2023

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto coa concelleira de Participación a XVIII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que tivo lugar esta mañá no MIHL Maite Ferreiro destacou “a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local”, e fixo fincapé na importancia do Concurso de Tapas “para promocionar os produtos locais e o consumo de Km0”.

O XVIII Concurso de tapas pechou con máis de 40.000 tapas vendidas, o que supuxo unha facturación de máis de 200.000 euros para os establecementos participantes. Maite Ferreiro destacou a “importancia deste certame na hostalería local e no comercio da cidade”, e agradeceu a todo o persoal da APEHL “a súa implicación ano a ano para que este concurso sexa un éxito”.

A edición 2023 do concurso de tapas de Lugo contou con 37 establecementos de hostalaría participantes distribuídos por toda a cidade: 3 pés, Anda, Antas, Ave César, Barros Cervecería, Bulló Xantar, Casa D'Auga, Desnivel Tapas e Copas, Eduri, El Boni, El Dotmas Bar, El Santuario de Magnus, España, Galo, Gran Café, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Karrusel, La Cosechera de 1977, La Terraza del Méndez, Las Cinco Vigas, Legends Café, Manuel Manuel, Mesón El Castillo, O Castor, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Casa de Comidas, Orixe do Campo, Paprica, Parada 33, Portal 36, Pulpería O Castelo, Prebe by Bret, Quimera, San Marcos Café, Santeiro's Terraza, Taberna Daniel e Tapería o Peque. O restaurante El Boni foi o gañador do certame.

0.10655522346497