Entregados os premios do II Concurso de escaparates de Nadal na Fonsagrada
LugoXa
O Concello entregou este martes os premios aos tres establecementos gañadores. O certame contou con 36 participantes
9 Mar 2021
O Concello da Fonsagrada vén de facer entrega dos premios da segunda edición do Certame de Escaparates de Nadal que se celebrou no municipio.
- Así, o primeiro premio, dotado con 400 euros, foi para Nuria Villabrille, da Tintorería-lavandería Fonsagrada.
- O segundo premio, de 300 euros, recolleuno Maribel Barrero, da tenda Agrobautista.
- E, por último, o terceiro premio dotado, con 200 euros, foi para o Centro Veterinario Anco e recolleuno Tania Rubio.
O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, salientou a boa acollida do certame de decoración de escaparates, que contou con 36 establecementos participantes nesta segunda edición, e agradeceulles aos seus responsables que un ano máis colaborasen "ornamentando a nosa vila e fomentando o comercio local".