Entregados os premios do Recitado de Poesía Rosalía Sempre Viva da Casa Manuel María

LugoXa | TerraChaXa
Durante a cerimonia de entrega de galardóns, a deputada de Cultura felicitou a todos os participantes, destacando o seu talento e a súa implicación no certame
Recitado-de-Poesía-Rosalía-Sempre-Viva-Outeiro-de-Rei-2025
22 Mar 2025

Foron entregados os premios do Certame de Recitado de Poesía Rosalía Sempre Viva, convocado pola Casa Museo Manuel María.

O evento tivo lugar na fase final do certame, celebrada no centro cultural de Outeiro, no que máis de medio cento de alumnos e alumnas de diferentes centros de ensino de toda Galicia participaron recitando poesía. As obras recitadas foron escollidas libremente entre a produción poética de Rosalía de Castro ou de Manuel María.

Durante a cerimonia de entrega de galardóns, a deputada de Cultura felicitou a todos os participantes, destacando o seu talento e a súa implicación no certame. Tamén agradeceu ao profesorado e ás familias o seu compromiso, sen o cal, dixo, non sería posible levar adiante esta iniciativa.

A responsable de Cultura tamén tivo palabras de recoñecemento para a Casa Museo Manuel María, salientando o seu labor na dinamización cultural da comarca e o seu esforzo por achegar a obra de Manuel María e a literatura galega ás novas xeracións, asegurando que este tipo de iniciativas son fundamentais para manter viva a nosa tradición literaria e cultural.

⚙ Configurar cookies
0.56521797180176