Entréganse en Antas de Ulla os Premios de Poesía Nadal 2025
LugoXa
Este evento ten como obxectivo recoñecer e celebrar o talento literario dos cativos da localidade
25 Jan 2025
A Biblioteca Municipal de Antas de Ulla organizará o domingo a entrega dos Premios de Poesía Nadal 2025 ás 18.30 horas na Casa da Cultura.
Este evento ten como obxectivo recoñecer e celebrar o talento literario dos cativos da localidade, animando ás novas xeracións a expresarse a través da poesía.
A gala contará cunha actuación especial do Contacontos Caxoto, quen agasallará ao público cunha representación para os máis pequenos.
O acto será unha oportunidade única para a comunidade de desfrutar do traballo creativo dos nenos e nenas, ao tempo que se fomenta a participación cultural.