Entréganse os premios do Certame de Conto e Relato Curto 'Trapero Pardo'

LugoXa
A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, entregou os galardóns ás 7 persoas premiadas no 29º Certame de Conto e Relato Curto Trapero Pardo.
certame_de_conto_e_relato_curto
23 Feb 2024

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, entregou os galardóns ás 7 persoas premiadas no 29º Certame de Conto e Relato Curto Trapero Pardo. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que contan con tres premios cada unha e, nesta edición, cun accésit no grupo de maior idade.

Na categoría de 12 a 14 anos, o gañador foi Gabriel Iriarte López, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, coa obra titulada ‘O valor do esforzo’; o segundo premio levouno Paula Pérez Cendán, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, por ‘Cando Aina tocou a lúa’; e o terceiro, foi para Naiara Pérez Ferreiro, do CPR Plurilingüe Divino Maestro, polo seu relato ‘O osiño vermello’.

Na categoría de 15-18 anos, o primeiro premio foi para Rosalia Bernárdez Riopedre, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, coa obra  ‘As voces roubadas’. O segundo premio da categoría levouno Xan Rodríguez Navarrete, do IES Ánxel Fole de Lugo, co seu relato titulado ‘Na biblioteca’; e o terceiro, foi para Sara Méndez Seijo, tamén do Ánxel Fole, con ‘Non é liberdade do que fala sempre o mar’. Nesta categoría o xurado nomeou un premio accésit para a obra de Lucía Domínguez Pereira do IES Xoán Montes de Lugo.

0.17306709289551