Entregáronse os premios da proba da Copa de España de motocrós clásico que tivo lugar en Lugo
LugoXa
Rivera Capón destacou que esta cita, na que competiron 50 persoas e forma parte do calendario nacional, supón unha promoción importante para a provincia
22 sep 2024
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na entrega de premios da proba da Copa de España de motocrós clásico que acolleu este fin de semana o circuíto lucense Jorge Prado.
Rivera Capón destacou que esta cita, na que competiron 50 persoas e forma parte do calendario nacional, supón unha promoción importante para a provincia.
Na entrega de premios, o deputado estivo acompañado de José Aurelio Novoa Rodríguez, Presidente da Asociación Motorista Lucense, que é a entidade organizadora desta proba deportiva.