Entregáronse os premios do Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos de EQUIGAL

LugoXa
Na proba de 1,35 metros (Gran Premio), Javier González Fraga destacou unha vez máis coa medalla de ouro e bronce, deixando o segundo posto a Xabier Paz González, de Villalba
Equigal-Pazo-de-Feiras-e-Congresos-Lugo-2025
5 May 2025

O Salón Internacional do Cabalo, EQUIGAL, que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, acolleu a entrega dos premios do Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos.

Este evento, de grande prestixio, conta co apoio da Deputación de Lugo, que contribuíu cunha importante achega económica de 40.000 euros.

Deste xeito, a cita reuniu numerosos participantes que demostraron a súa destreza nas distintas probas de salto.

Na proba de 0,30 metros, os primeiros postos foron para Carla García González e Esther Geada Geada, ambas de Equus Lugo, e Lucía González Blanco, do Club Hípico Marco das Pías de Sobrado, quen compartiron a vitoria. Na proba de 0,50 metros, Valentina Monsalve Liste, de O Rancho de Lugo, acadou a medalla de ouro, mentres que Lydia López Espiñeira, do Club Hípico A Seara de Ferrol, e Sabela Souto Melado, de Equus Lugo, ocuparon os seguintes lugares.

Pola súa parte, na proba de 0,80 metros, Ruth Cid Carrera, do Club Hípico Marco das Pías de Sobrado, levou o primeiro posto, seguida de María Vigo Rodríguez, do Club Hípico A Seara de Ferrol, e Clara Martínez Fernández, do Club Hípico Boullón de Brión, que completaron o podio. Na proba de 1,00 metros, a vitoria foi para Candela López Gallego, do Club Hípico de la Cruz de Lugo, mentres que Yolanda Vázquez Novoa, tamén do mesmo club, e Adrián García Prieto, de Equus Lugo, ocuparon as seguintes posicións.

Na proba territorial de 1,10 metros, Ignacio Pérez Pérez-Lago, do Club Hípico Marco das Pías de Sobrado, alzouse co primeiro posto, mentres que Marina Pazo Castelao, do Club Hípico de la Cruz de Lugo, e Daniela Núñez Castedo, tamén do Club Hípico Marco das Pías de Sobrado, foron as seguintes clasificadas. Na modalidade nacional de 1,10 metros, María Otero Jiménez, do Club Hípico de la Cruz de Lugo, obtivo a medalla de ouro, seguida de Alba García Trinidad, do Club Hípico Marco das Pías de Sobrado, e Laura Carballo Novo, do Centro Hípico Esmelle.

Na proba de 1,20 metros, Ignacio Pérez Pérez-Lago volveu destacar, levando o ouro, mentres que Javier González Fraga, do Club Hípico Marco das Pías de Sobrado, conseguiu a medalla de prata, e Iria Rodríguez Suárez, do Club Hípico Esmelle de Ferrol, logrou o bronce. Finalmente, na proba de 1,35 metros (Gran Premio), Javier González Fraga destacou unha vez máis, acadando a medalla de ouro e de bronce, mentres que o segundo posto foi para Xabier Paz González, de Vilalba.

⚙ Configurar cookies
0.1652820110321