Entregouse unha vivenda de promoción pública no barrio da Tinería de Lugo

A Xunta entregou as chaves dunha vivenda de promoción pública no barrio da Tinería de Lugo situada na rúa Recanto do Miño, que conta con 65 metros cadrados e dous dormitorios. A adxudicación fíxose en réxime de alugueiro.
O delegado territorial, Javier Arias, participou no acto de entrega da vivenda ao seu novo ocupante e apuntou que para optar a este recurso é preciso inscribirse no rexistro único de demandantes de Galicia, un trámite gratuíto que pode facerse online na sede electrónica da Xunta ou de maneira presencial nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Arias lembrou que a Xunta segue avanzando en novos proxectos de rehabilitación de inmobles no barrio da Tinería para poñelos á disposición da cidadanía en réxime de alugueiro social.