Geoglima: "A subida da luz está motivando a renovación dos equipos de instalacións térmicas"
Geoclima é unha empresa que naceu en Lugo, está formada por profesionais con máis de 20 anos de experiencia no sector das instalacións térmicas. A súa labor é a de satisfacer as necesidades de climatización en fogares e empresas creando as mellores condicións ambientais.
Nesta empresa encárganse de deseñar, instalar e facer os mantementos e reparacións oportunos en todo tipo de instalacións térmicas, cunha innovación constante e mantendo o seu compromiso co medio ambiente.
Este tipo de equipos axudan a aforrar grazas a que se basean nas enerxías renovables.
O xerente Pedro Tella Rodil resolve as nosas dúbidas acerca deste negocio e a súa rendibilidade.
Canto tempo levan funcionando?
Dez anos.
Como xurdiu a idea?
Había necesidade dunha empresa que se dedicara ás enerxías renovables e bombas de calor principalmente. Viñamos dun sector no que xa traballaramos moito no tema das bombas de calor e esa foi un pouco a orixe de todo.
Que tipo de servizos prestan?
Prestamos todo tipo de servizos dende particulares, a empresas e sector terciario. Atendemos tanto a parte eléctrica, como a parte térmica, caldeiras, bombas de calor, refrixeración, xeotermia, enerxía fotovoltaica, hibridamos as bombas de calor coa fotovoltaica.
Cales son os produtos e servizos máis demandados?
Agora mesmo as bombas de calor aerotérmicas somos o servicio técnico oficial da marca sony. Temos moita demanda de ese tipo de equipos tanto para vivendas como para edificios.
Cambiou o traballo nestes últimos tempos por mor da pandemia?
Non, tal vez agora hai máis carga de traballo. Non sei cales son os motivos pero non, non se notou. Segue sendo o mesmo traballo.
Os produtos novos consumen menos ca os vellos?
Si claro, por suposto. Todo o que son equipos novos teñen mais eficiencia e teñen menos consumo. Non se percibe porque sube a enerxía eléctrica.
Está a afectar a subida da luz na oferta e demanda destes produtos?
Si o que se esta facendo é renovar moita parte dos equipos. Estase metendo moitas instalacións fotovoltaicas con baterías para poder acumular enerxía para as horas punta que é onde máis cara é a enerxía eléctrica. Iso si que se notou moito.
É un bo momento para que empresas renoven equipos?
Si, totalmente. Agora mesmo hai bastantes axudas. É o momento idóneo. A mellor forma de amortizar agora mesmo que está a enerxía tan cara e quen se poida permitir facer unha instalación vai rendibilizar rápido a súa instalación.
Que zona cubren?
Cubrimos Galicia, parte de Ponferrada, parte de Asturias. Temos unha zona de traballo moi amplo.
Cales son as últimas novidades do sector?
As últimas novidades son as bombas de calor de CO2 que están a chegar ao mercado e despois o tema de almacenamento en baterías de litio que é algo que leva un par de anos pero agora mesmo é o que se está levando á practica cas instalacións fotovoltaicas.
Que proxectos ten de cara ao futuro?Que obxectivos se marca?
Seguir medrando seguir aumentando o parque de instalacións con enerxías renovables de baixo consumo, un consumo case nulo. Integrar todas as enerxías renovables nunha vivenda de tal forma que a vivenda teña un consumo enerxético practicamente nulo. Que o cliente sabe que vai facer unha inversión pero vai ter unha alta rendibilidade da súa instalación.
Que recomendas?
A aerotermia, é un sistema de calefacción e auga quente idóneo por aforro enerxético e inversión. Habendo outros equipos que pode ser un pouco máis eficiente a inversión a facer é moito maior, mentres que a aerotermia é a enerxía máis limpa e máis barata. Se a eso lle sumamos a fotovoltaica con baterías con acumulación, calquera vivenda sin ter un grado de illamento moi alto, vai ser unha vivenda case nulo de enerxía. Isto é o recomendable no futuro porque a enerxía non vai baixar.