Thor López, da Pretorian Race: "Nas Pretorian hai que demostrar equilibrio, habilidade e forza"

LugoXa
Lugo acolle a vindeira fin de semana a Pretorian Race, unha carreira de obstáculos na que xa están inscritos máis de 600 participantes.
Pretorian Race corte
7 Maio 2022

Lugo acolle a vindeira fin de semana a Pretorian Race, unha carreira de obstáculos na que xa están inscritos máis de 600 participantes no total de todas as categorías e que teñen inscricións abertas ata o luns. A proba está organizada pola Asociación Pretorianos Club, da cidade.

Thor López  é membro da organización da Pretorian Race

Que é unha Pretorian Race?

Unha Pretorian race é unha carreira de obstáculos en terreo natural, onde hai, no noso caso, entre 32 e 36 obstáculos. Nos que hai que demostrar equilibrio, punteiría, habilidade, forza… Hai montaxes de suspensión nos que a xente avanza colgada, hai unha pirámide. Son obstáculos para que a xente pase.

Cantos inscritos hai?

Pois depende. Hai tres carreiras. O venres á tardiña, ás 20 horas, na praza Horta do Seminario, é a Pretorian Ninja. Unha carreira máis de exhibición, de 150 metros nos que virán 24 corredores, só participan profesionais. É obstáculo tras obstáculo, case non hai espazo para correr.

A carreira popular, a Pretorian Race, é o sábado ás 16.30 horas, e na que xa hai preto de 600 inscritos.

O domingo pola mañá, será a terceira carreira, a tanda Champion, para persoas con discapacidade. Será de 11 a 13 horas. Ese mesmo día pola tarde, será a Pretorian Kids, para nenos de entre 7 e 10 anos de 17 a 19 horas. Estas dúas son gratuitas para todos aqueles que desexen participar.

¿Qué probas atoparán esta fin de semana?

Hai unha carreira popular, digamos, que vén xente de Galicia e dos arredores, que vén a pasalo ben e na que non poden recibir axuda dos compañeiros para pasar os obstáculos.

Ademáis hai tres tandas de élite: Élite Ocran, Grupos de Edad e Élite Pretorian, que son moi competitivos porque puntúan para o campionato galego e o estatal. Nestas si que non poden recibir axuda.

Por onde transcorre o circuito?

Sairemos dende o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo ata o Monte Segade, cruzaremos a estrada e voltaremos, polo Paseo do Miño ata o Pazo de novo.

Quedan prazas para inscribirse, quen pode participar?

Ata o luns ás 23.59 a xente pode inscribirse. Pode participar quen queira, hai ximnasios que fan equipos, xente que vai pola súa conta, grupos de amigos… Gran parte da xente da popular vén pasalo ben. E se nalgún momento non pode pasar os obstáculos, axúdanlle e, ao final, todo o mundo acaba a carreira.

0.11822390556335