Valirey distribuidora de Másmóvil: "A xente utiliza máis o traballo telemático"

LugoXa
Entrevista a la empresa Valirey distribuidora de Másmóvil con sede en Lugo. Cubren todo el territorio español.
Oscar-valirey-masmovil2
1 Mar 2022

Valirey é unha empresa distribuidora da compañía MásMóvil. Falamos con Óscar Valiño Pin, xerente.

Canto tempo levan funcionando?

Levamos funcionando arredor de dous anos na nosa tenda ubicada na Ronda das Fontiñas de Lugo, no número 215.

Como xurdiu a idea?

A idea xurdiu ao ver que o tema da telefonía está en auxe e a compañía MásMóvil en si é a de maior crecemento dentro do seu mercado polo que decidimos lanzarnos neste proxecto.

Que tipo de servizos prestan?

Prestamos servizos de venta de telefonía fixa, internet e telefonía móbil. Aínda que agora tamén temos enerxía e ofrecemos opcións para o cliente teña un aforro na súa factura mensual da luz.

Cales son os servizos máis demandados?

O máis demandado é o paquete que inclúe telefonía fixa con internet e unha ou varias liñas móbiles aínda que tamén contamos con outras tarifas adaptadas a cada necesidade que teña o cliente e incluso temos un paquete de televisión coas mellores, series, películas e documentais para toda a familia.

Cambiou o traballo nestes últimos tempos por mor da pandemia?

Cambiou por mor das visitas. E mellorou en canto a que a xente agora usa máis o traballo telemático, co que se demandan máis velocidade e máis xigas. As necesidades cambiaron moitos e nós sempre intentamos adaptarnos rapidamente a todas as situacións, porque non dubidamos que podan seguir cambiando.

Que zona cobren?

A distribución principal da nosa tenda, loxicamente, témola en Lugo, pero podemos vender en toda España.

Cales son as últimas novidades do sector?

Redundando no antes dito, maior velocidade e que tódalas compañías tenden a xigas ilimitados.

Que proxectos ten de cara ao futuro? Que obxectivos se marca?

O obxectivo e proxectos máis inmediatos é seguir medrando. Neste mundo vanse producir cambios e canto máis arriba estemos, moito mellor.

0.19918489456177