Entrevista Begoña Gaute: "Hoxe en día o máis demandado son as competencias dixitais"

LugoXa
Entrevista a Begoña Gaute, responsable de formación de Estudios Rafer centro de Lugo que ofrece certificados de profesionalidad.
estudios rafer
11 Abr 2022

Estudios Rafer é un centro de formación homologado en Lugo. Está especializados en formación contínua, formación ocupacional e formación bonificada. Realizan cursos, carnés oficiais e certificados de profesionalidade.

Falamos con Begoña Gaute responsable de formación no centro.

A que se adican?
Nós dedicámonos fundamentalmente á formación. Hoxe en día ofrecemos un tipo de formación co que se adquiren certificados de profesionalidade con compromiso de inserción laboral.

Ofrecemos formación e apoio para a inserción laboral, contamos cun servizo de orientación

Está dirixido a persoas desempregadas e ocupados que queiran mellorar a súa cualificación na empresa.

O que máis traballamos é a formación en márketing, redes sociais e novas tecnoloxías.

Que hai que facer para recibir formación?
Contamos con distintos tipos de programa e dependendo do tipo de formación que se queira adquirir e do perfil da persoa podemos acollelo a un programa ou a outro.

Canto tempo levan funcionando?
Desde o ano 1999.

Como evolucionou o negocio ou a oferta de servizos ao longo do tempo?
Ao principio, non fai moitos anos, toda a formación era presencial. Dende fai agora 2 anos, o 13 de marzo de 2020 que se declarou a pandemia, vimos paralizada toda a actividade e cando a retomamos fixémolo de maneira virtual. Iso mantívose ata agora e, na actualidade, a formación que ofrecemos é online vía streaming, o docente e os alumnos conéctanse á mesma hora para recibir a clase. Contamos tamén con sesións presenciais para complementar o proceso.

Isto agradéceno os alumnos xa que aforran os desprazamentos, permite compaxinar mellor a vida persoal e familiar.

Ademais, cada mes, aproximadamente ofrecemos encontros networking, que son espazos nos que profesionais de empresas e os nosos alumnos falan dunha temática de actualidade e de interese. Isto conecta a empresas con persoas formadas e tamén sirve para que os alumnos poidan ver na práctica os seus estudos teóricos. Estes encontros serven tamén para axudar a encontrar traballo aos alumnos ao ter contacto directo coas empresas.

Cal é o perfil habitual do voso cliente?
Tal vez maioritariamente desempregados que xa están formados e non dan atopado traballo.
Temos programas para persoas xoves desempregadas, eses programas teñen un asesoramento en empregabilidade e apoio na busca de traballo. Ademais, poden optar a unha beca de prácticas remuneradas durante tres meses en empresas de toda Galicia.

Tamén hai moitas empresas que se interesan polo programa de dixitalización.

Que formación é a máis demandada?
Hoxe en día o máis demandado son as competencias dixitais. É unha formación que sempre foi demandada pero hoxe en día coa situación que tocou vivir moito máis.

Que zona cubren?
Cubrimos todo Galicia, aínda que fundamentalmente Lugo. Ao ser virtual temos alumnos de todo o territorio galego como Vigo ou Pontevedra. Non temos limite xeográfico.

Hai moita competencia no sector en Lugo?
Loxicamente hai empresas que se adican a formación pero non son competencia, todos nos complementamos.

Cales son as últimas novidades?
A nosa novidade é a realidade virtual e inmersiva. A realidade virtual fai que vexas a formación en primeira persoa cas gafas de realidade virtual. Temos un equipo e unha plataforma que permite aos alumnos (de maneira presencial) introducirse e poñerse no escenario de maneira virtual vivindo a experiencia de formación en primeira persoa.

Que proxectos ten de cara ao futuro? Que obxectivos se marca?
Seguir avanzando no tema de realidade virtual inmersiva. É unha formación que acada grandes resultados porque o proceso de aprendizaxe é distinto. É máis doado recordar algo que se viviu e non algo que se estudou.

0.096430063247681