Club Waterpolo Lugo: "Buscamos cultivar imaxinarios en torno á realidade cultural e territorial da que somos parte"

LugoXa
Entrevista a Andrés Méndez actual presidente do Club Waterpolo Lugo acerca dos obxetivos e o recorrido do mesmo
expo leira portada
14 Oct 2022

Leira grela en 2022 e está coordinada por Laura Tabarés, investigadora cultural e artista visual e Antonio Giráldez arquitecto e codirector de Bartlebooth unha plataforma editorial con recoñecementos a nivel internacional. Esta semana veñen de estrear nova instalación Captan Duendes Disimulando en el Bosque de Camille Orny. Falamos con eles sobre este novo espazo cultural dentro da cidade.

Que é Leira haus?

Leira é un espazo físico con extensións dixitais situado en Lugo, Galicia. Un lugar de encontro dende onde explorar os cruces entre investigación, creación artística e produción cultural contemporánea.
Buscamos cultivar imaxinarios do presente e do futuro en torno á realidade cultural e territorial da que somos parte. Desexamos traballar con outros tempos que vaian alén dos imperativos de velocidade e visibilidade, propoñendo lugares de produción, reflexión e pensamento crítico/especulativo a través de diferentes ferramentas, prácticas e saberes.

Como e cando nace la idea? Como son os inicios do proxecto? 

A idea de xerar Leira veunos roldando a cabeza desde que chegamos a Lugo de novo. Pero non é ata hai un ano que empezamos a rehabilitar un local completamente abandonado e que comezamos a aterrar a idea de crear un lugar onde facer as cousas que nos interesan e atoparnos con xente afín. Levábamos tempo compartindo intereses, discusións cada un pola nosa conta e decidimos sumar forzas para labrar a nosa Leira.

Os inicios do proxecto foron complicados xa que é un proxecto en paralelo o que implica falta de horas, concentración ou recursos, pero non de ganas. Por iso quixemos empezar con enerxía pero con calma. Pensando que é mellor ir amodo e chegar lonxe que non seguir repetindo os esquemas de queimarnos o primeiro mes como adoita pasar noutros proxectos e iniciativas deste tipo. Igualmente, pensamos que tivo unha gran e bonita acollida por parte da cidade e dos medios. Iso fainos moi felices. De súpeto ver como se achega xente afín e podemos soñar unha cidade amable para un futuro cultural e tenro.

Cales son as dificultades para un proxecto deste tipo?

As dificultades son moitas, pero fundamentalmente poderían reducirse a dúas. A primeira ten que ver cos recursos económicos como sustentar un espazo que garantice un acceso á arte e a cultura contemporánea non mediado a través da compra venta do mesmo? Isto, sumado a que é un proxecto en paralelo á nosa práctica profesional habitual, fai que non podamos dar todo o tempo que querríamos dar a Leira. Pero, aínda así, todo o que podemos dar, facelo con agarimo e mimo.

A segunda ten que ver con aterrizar no epicentro da hostelería lucense cunha proposta radicalmente diferente: un ocio cultural, gratuito –agás excepcións–, non mediado polo alcohol e vinculado á propostas artísticas contemporáneas. Temos medo de aterrizar coma ovnis na Praza do Campo e non saber comunicar todo o ben que queiramos a proposta que temos con Leira ou que a xente teña
medo de chamar a porta, entrar e curiosear.

Onde podemos atopar Leira Haus?

Leira é un espazo físico en Praza do campo 1 en Lugo, Galicia. Pero tamén e un espazo con extensións dixitais en www.leira.haus ou @leirahaus de tal xeito que diferentes comunidades máis locais ou deslocalizadas poidan participar e acceder do millor xeito posible á nosa programación.

Que plans e proxectos tendes para o futuro? 

A nosa idea de aquí en diante é empezar a xerar unha comunidade de artistas e investigadores orfos, un lugar onde poder xuntarnos e compartir a través de diferentes propostas como talleres, cineforums, clubs de lectura, xogos de mesa, visionados de arte e cultura contemporánea etc. Agora mesmo atopámonos traballando de forma interna e programando diferentes actividades de cara ao outono e ao inverno. Gustaríanos que Leira, desde o amor e os tempos lentos, durase o suficiente como para poder xerar proxectos máis ambiciosos que vaian máis aló do espazo e que devolvan cousas interesantes e significativas á cidade, ao tecido da provincia e os seus habitantes.

Que papel xoga a cultura, o arte e a investigación cultural na sociedade actual? 

Un papel central no desenvolvemento de prácticas e pensamentos que ás veces, mesmo se adiantan en anos á teoría académica ou aos poderes que en principio deberían intervir no presente e no futuro da nosa sociedade. A arte e a cultura son reservorios para soñar outros mundos mellores, máis sostibles e igualitarios. Por desgraza, as persoas que vivimos diso somos os últimos da fila en materias administrativas e económicas. Ás veces a paixón ou o entusiasmo non son moeda de cambio duns bos dereitos laborais ou medios para producir e vivir.

Que e para vos a periferia?

España é a periferia de europa, Galicia é a periferia de Madrid , Lugo é a periferia de Santiago e do eixo atlántico. Polo menos temos a sorte de ter un espazo no único centro que soportamos, que é o centro da cidade. A periferia tamén é un sitio onde, por non prestarselle moita atención, pode ser prolífico. Só hai que mirar na cidade que, a nada que saias das zonas máis consolidadas aparecen leiras marabillosas cheas de verduras e froitos, así como outros usos non previstos.

Nós, precisamente reinvidicamos esa fertilidade da periferia para a aparición de novas miradas, prácticas e voces non capturadas polos marcos da centralidade. A periferia adoita ser onde se dan as problemáticas primeiro, que habitualmente son vividas e atravesadas de forma xenuína. Despois chega o centro para tomalas e pensalas desde un lugar ás veces afastado e algo corrupto. Por exemplo, falar de ruralidades, de bruma, ou de posnaturaleza desde Madrid. Ese tipo de cousas.

Como é eso de vender pedras?

Co fin de despegar Leira poñemos a disposición do público un conxunto de pequenas e insólitas rocas: As Penas de Avalar. Coa súa venta buscamos soster de forma non precarizante as programacións de este espacio en Lugo, dende onde explorar os cruces entre investigación, creación artística e produción cultura contemporánea.

O diñeiro recadado coas penas de avalar destinarase integramente a enriquecer a programación artística do espazo garantizando unha retribución axeitada a todos os axentes implicados nela, así como ao mantemento das instalacións. É dificil facer unha proposta non precarizante tanto para as artistas como para as persoas que o coordinan e sustentan, pero para nós era fundamental que isto non sucedera. Así que, a través destas pedras (que non son só pedras, senón tamén láminas e reproducións fotográficas de alta calidade). A idea das pedras é contar con ese aval simbólico por parte da comunidade, se alguén pode crer no valor dun bitcoin ou dun NFTs, pode entender perfectamente o valor que pode haber tras unha pedra.

Como valorades o panorama cultural actual lucense?

Cremos que toda cidade pequena ten unha serie de dificultades para o acceso á cultura contemporánea por un tema, fundamental de dotación e escala. Isto non significa que non atopemos unha cidade con propostas moi diversas ¡senón todo o contrario! Mentres que a proposta gastronómica é bastante homoxénea por máis bares e restaurantes que haxa, a oferta cultural é moito máis variada aínda que os axentes culturais sexan menos e conten con moita menos visibilidade.

Leira
Expoleira

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18778800964355