Entrevista: “Desde Marfer podemos darlle o servizo a medida que necesita”

LugoXa
José Álvaro Martínez González é o administrador único da empresa con raíces lucenses Marfer Informática S.L.
marfer lugo
21 Sep 2021

José Álvaro Martínez é o xerente e propietario de Marfer Informática

José Álvaro Martínez González é o administrador único da empresa con raíces lucenses Marfer Informática S.L. A súa vinculación co sector da informática remóntase xa a fai 37 anos , cando, motivado por un curso de informática e outro posterior do INEM saíulle a posibilidade de traballar naquel incipiente sector

Como foron os teus inicios? Ou xa desde un principio fuches autónomo?

Non, o meu primeiro traballo foi de comercial dunha empresa con sedes en Santiago, A Coruña e Lugo. Os de Lugo pasado un ano decidimos montar unha comunidade de bens, que aí é onde si podo dicir que comecei xa a miña propia actividade.

Logo desa participación na CB Juan o meu socio máis eu montamos definitivamente a actual Marfer Informática S.L. en febreiro de 1998.

Como foron os inicios e a evolución de Marfer?

Pois xa iniciamos a actividade na actual ubicación, na rúa Alvedro 2 aquí en Lugo cidade. Nun principio eramos 4 persoas e a medida que medraba o traballo íamos aumentando o número de empregados ata os 11 que somos na actualidade. Por exemplo, temos 5 programadores para dar un bo servizo as demandas actuais.

Cales son os servizos que ofertan?

Pois en Marfer adicámonos a informatizar empresas.

Estades enfocados prestación de servizos a empresas?

O 99,9%  do noso mercado son empresas, e dentro deses traballos máis do 50% da actividade son labores de desenvolvemento de software (ERP) na actualidade distribuímos Glasof e Exit ERP que abarcan os campos de contabilidade, nóminas, facturación, etc. Tamén somos o servizo técnico oficial de marcas punteiras como son Oki, Kiocera, Epson e tamén de Xerox, dicir que non so somos servizo técnico senón que tamén somos comercializadores dos produtos destas marcas.

Pero entón tocades tanto unha parte de software coma outro de hardware?

Claro, nós ofertamos un servizo integral se así o desexa un profesional, levamos todo, desde a configuración dun servidor, VPN´S, ordenadores, periféricos, dominios, páxinas web. A  nosa idea é axudar ao cliente en todo o que necesite, e cun só provedor de servizos a responsabilidade é só túa, e eu prefiro que os meus clientes confíen en min e eu son o responsable de axudarlles e resolver tódolos problemas que podan xurdir. Os meus clientes saben a quen teñen que chamar cando hai unha incidencia ou cando  teñen unha necesidade.

As demandas das empresas son sempre as mesmas?

Podemos dicir que son necesidades parecidas no que se refire ao servizo a prestar, que pasa, que en función do sector da empresa no que traballa temos que adaptar os software a cada actividade, unha empresa de fabricación vai necesitar unhas características técnicas específicas e unha empresa que non transforma e se dedica a comercialización a particulares pode necesitar outras diferentes. Unha das tarefas nas que creo que somos mellores e na adaptación dos software as necesidades concretas, para nós cada cliente é único. E sempre trato de ofrecerlles os mellores programas e sempre adaptado a cada negocio.

Onde sitúas o teu maior número de clientes?

En Galicia, pero sobre todo na provincia de Lugo pero tamén temos nas outras provincias. Despois en sectores destacaría o sector da construción, por exemplo teño a maioría de almacéns de materiais teñen o software noso, no sector de asesorías temos moitos clientes. En total levamos sobre 350 empresas, e cada vez máis destas empresas maior é o número delas que confía a totalidade de servizos informáticos a nós.

E como ves as empresas lucenses e aos seus xerentes? Están xa actualizadas? Avanzamos neste sentido?

Pois estamos avanzando moito, penso que os empresarios están avanzando e están dispostos a investir. Proba dese avance é o volume de traballo que temos, nós últimos 2 anos aumentou enormemente a cantidade de proxectos a xestionar. Aínda queda moito por facer de todas formas.

E como ves o futuro dos sector? Cales van ser as necesidades das empresas?

Serán necesarias aplicacións tecnolóxicas de internet, CRM, mobilidade, B2B, por sorte xa temos esas ferramentas para cando os nosos clientes as demanden. Eu diríalle o empresariado que nos traslade as súas necesidades, creo que estamos capacitados para adaptar os nosos servizos as dificultades da singularidade  que poda ter o seu negocio, xa sexa por ser dun sector da fabricación ou de transformación xa sexa unha empresa de servizos ou de comercialización exclusivamente. O noso punto forte é esa capacidade de individualizar cada proxecto o que demanda o empresario. Dicirlle que temos a posibilidade de facer un traballo chave en man con servizo 365 días, a nosa vocación é de servizo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17811107635498