Mercenarios Galaicos: "Este ano faremos un obradoiro de pan castrexo"

LugoXa
Os Mercenarios Galaicos son unha asociación de recreación histórica creada no 2013 e estarán no seu campamento situado na praza da Horta do Seminario
mercenarios-galaicos-arde-lucus
13 Jun 2021

Os Mercenarios Galaicos son unha asociación de recreación histórica creada no 2013 para o Arde Lucus. Estarán no seu campamento situado na praza da Horta do Seminario en horario de venres de 16:30 a 21:00, sábado de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00, e domingo de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas.

Cantos sodes?

Somos 100 participantes. Foron cambiando o longo destes anos, pero sempre fumos 100 polas infraestruturas necesarias, é dicir, hai que dar o almorzo a 100 persoas e sentadas, polo tanto co sitio que temos é o número ideal.

Este ano algunha actividade?

As actividades deste ano van ser moi estáticas xa que non está permitido este ano que a xente entre no campamento, así que verán os nosos traballos de pasada. E faremos algunha cousa coa forxa, con madeira, con coiro, etc.

Será o mesmo tipo de campamento que noutras ocasións?

O campamento vai estar aberto ao público e haberá diferentes exposicións dentro pero a xente case non se poderá parar para ver as cousas con detalle. Vai ser un ano raro, ademais, seremos arredor de cinco persoas por quenda no campamento, e non teremos parte privada, estará montado doutra maneira para ter máis espazo.

Teredes algunha novidade respecto a outros anos?

O domingo ás 12.30 faremos un obradoiro de pan castrexo, amasarémolo e cocerémolo nos. Se a xente pasa nese momento poderá degustalo. É unha actividade que a xente gustoulle moito fai dous anos, e lembro aquel ano ademais de pan tamén cociñábamos bolos preñados. O Arde Lucus é un impulso económico para Lugo moi grande e estes dous últimos anos viuse moi minguado, e xa o ano pasado non se puido facer nada obviamente polo momento que estábamos a vivir, pero este ano había que polo menos facer un pouco. A xente ten moitas ganas de facer cousas.

xefe-guerreiro-mercenarios-galaicos-Lugo-Arde-Lucus
Presidenta-mercenarios-galaicos-LUGO-arde-lucus
⚙ Configurar cookies
0.69104099273682