Anxo Xosé García Dopico: “O Club Fluvial corre o risco de perder a concesión da CHMS por inacción da directiva”

LugoXa
Anxo Xosé García Dopico foi socio do Club Fluvial e afirma que foi expulsado xunto a outros socios de forma irregular polo mero feito de ter opinións críticas e diverxentes da actual directiva
anxo-xose-garcia-dopico
9 May 2021

Cales son os principais problemas, segundo a súa opinión, que está a atravesar o Club Fluvial de Lugo?

Desde fai tempo eu e uns cantos compañeiros, moitos deles aínda socios, vimos cuestionando a xestión do  actual equipo directivo do Fluvial. Son varios os puntos nos que cremos que os intereses do Club non están sendo defendidos de forma correcta.

Para min, os problemas máis importantes que afronta na actualidade son por un lado a renovación da concesión de ocupación da Confederación Hidrográfica e por outra banda a posible sanción que pode recibir o Club polas obras feitas segundo teño entendido sen licencia e incumprindo diferentes normativas.

Cando toca a renovación de concesión entón?

Pois tería que terse executado xa fai tempo, de feito a actual licenza da Confederación venceu no 2018. Hoxe case tres anos despois aínda non temos a licenza. O pero de todo é que incluso a Confederación requiriu o Club Fluvial diferente documentación e este por falta de inacción non contestou deixando a entidade nunha situación irregular.

Que pode implicar que non se resolva pronto este problema?

O que moita xente non sabe é, que no 2019 unha empresa que xestiona instalacións deportivas tentou facerse coa licenza. En base a criterios técnicos a Confederación, denegoulles a posibilidade de facerse con ela. Imaxínese que se outorga a licenza a unha entidade e os miles de socios do fluvial, que pertencen a esta histórica asociación, quedan sen o dereito a poder desfrutar de todos os beneficios que temos ata agora. Estamos falando de varios milleiros de familias da cidade, somos a terceira entidade de Galicia por número de socios. Seria incrible que por culpa dunha directiva poida acabar en mans privadas o dominio que leva desde décadas pertencendo ao Club Fluvial. Por desgraza isto pode acontecer.

E sobre que o Club pode ser sancionado, cales son as obras que menciona?

A directiva do Club Fluvial acometeu unhas obras con vistas a aumentar o incremento de prazas e aparcadoiro, pero executounas ao carón do río. A idea inicial de esta actividade era mellorar o estado do aparcadoiro existente arranxando fochancas e en todo caso tratábase de obras menores.

Finalmente, o que executaron foi unha obra de bastante magnitude onde se pavimentaron zonas da marxe do río sen as autorizacións da Confederación e ata se chegaron a talar árbores da denominada zona de policía do ría, que para que nos entendamos son os 5 metros máis próximos o río. Realmente resulta escandaloso ver como se asfaltou ata o mesmo  río, danando un ecosistema fráxil como o alí presente.

Entón vostede asevera que a directiva ordenou facer unhas obras das que carecía de licenzas? En que se basea para poder afirmar unha acusación tan grave?

Pois teño coñecemento de que existen sendas denuncias presentadas tanto por Seprona coma por Adega ante a Confederación Hidrográfica, e esta iniciou un expediente sancionador. 

Como membro que fun durante moitos anos, e que seguiría sendo se non fose expulsado sinto unha profunda pena en que o Fluvial poda ser sancionado por culpa dunha directiva que pensa que está por riba da lei, e que no utilizando o nome do club realizou unhas que danaron o medio ambiente e por riba non cumpriron tan sequera a legalidade vixente.

Cales poden ser as consecuencias para o Club Fluvial?

Pois se a Confederación estima finalmente que se realizaron as obras sen as autorizacións pertinentes, pode chegar a sancionar a entidade, e as sancións de este tipo soen levar multas de importante contía. Tamén acontece moitas veces que soen obrigar a repoñer o estado anterior a zona afectada. En resumo, o club pode ter que pagar unha multa elevada, pagou por unhas obras e agora pode ter que volver pagar outras obras para desfacer o que fixo mal.

Pero non acaba a problemática de incumprimentos coa Confederación, esas reformas, a zona onde se fixeron está igualmente afectada polo Camiño de Santiago e por tanto depende das determinación técnicas que ditamine Patrimonio da Xunta e finalmente están tamén afectadas ao que determine o Concello de Lugo en función das súas competencias en materia urbanística. Pode ter non unha senón varias sancións administrativas.

Penso que o conxunto do Club non ten porque sufrir o que eu entendo que é unha irresponsabilidade da directiva e do seu presidente absoluta, e deben explicar isto a masa social e cesar das súas responsabilidades.

Que propón como solución?

Pois teño coñecemento de que existen sendas denuncias presentadas tanto por Seprona coma por Adega ante a Confederación Hidrográfica, e esta iniciou un expediente sancionador.

Esixo que o actual presidente cese das funcións ao igual que a directiva, e mentres non se celebre asemblea para escoller a nova directiva que se nomee unha xestora. Esta xestora o primeiro que debe facer e solucionar todos estes problemas e desde o primeiro momento contratar unha auditoría que diga como está exactamente o Club, pois vimos observando unha falta de transparencia nos últimos anos enorme.

De feito, a auditoría tamén servirá para ver o estado real das contas, nos últimos anos vense observando unha diminución do patrimonio neto da entidade preocupante, sen embargo as débedas aumentaron e xa debemos máis de 2 millóns de euros segundo as contas presentadas no Rexistro Mercantil correspondentes ao 2018. Temos que entre todos volver facer do Club Fluvial de Lugo un referente en transparencia, en respecto o medio ambiente e na xestión responsable dos recursos de tódolos socios.

anxo-xose-garcia-dopico-interior
parking-club-fluvial-lugo
club-fluvial-lugo
0.11489415168762