Entrevista: "O feito de exporse ó público supón o sentido último do oficio"
Mircromina Títeres estará actuando este San Froilán durante diferentes días con varios espectáculos para os máis pequenos. Falamos con Ton Arenas a persoa detrás dos títeres.
Cando e como nace a compañía?
Mircromina nace no 2010, despois de realizar os estudos correspondentes durante 5 anos e baixo o método tradicional da figura do aprendiz co mestre Arturo Pérez.
Quen está detrás de Mircromia?
Na parte visible Ton Arenas na maioría das ocasións, pois a maior parte das función son para solista. En outras ocasións estou acompañado por Alejandro Vargas músico cubano, Gustavo Fouce actor e músico ou Arturo Pérez titerero. Na produción plástica anda polo medio Mauro Leivas pintor no Barrio dos Muiños e como constante para todo Zoila Gulín e nestes últimos anos Claudio Rodríguez.
Cal é o proceso dende a idea ata a creación final dunha función?
É un proceso moi longo de moitos pasos. Primeiro hai que conceptualizar a obra, de que vai, por que, a que se refire e que se quere evocar con ela. Despois hai que construír, a parte de escenografía, a iluminación ou sonorizar. Tamén e necesario definir a historia, que textos e músicas se van a utilizar e que emociones imos transmitir. Dos últimos pasos son os ensaios e as probas con público, pero cando parece que xa está todo teñen que pasar un certo número de funcións para que empece a coller ritmo de verdadee. Despois empeza o inesgotable proceso de pulir e ir modificando pequenos detalles que nunca acaba. Digamos que os espectáculos están vivos e evolucionan.
Canto de artesanal hai neste proceso?
Todas e cada unha das partes están sobadas e manoseadas tanto literal como intelectualmente, é un proceso completamente artesanal.
Que é o que mais valora do seu traballo?
Que estamos feitos o un para o outro. Todas as partes, ata as máis tediosas ofrécenche a oportunidad de verte reflexado nelas, tanto a nivel de construción como cando fas unha xestión. O feito de exporse o público supón o sentido último do oficio e o contacto ca verdade do mundo, sobre todo se hai xente pequena mirando.
Que nos podemos atopar nas actuacións do San Froilán?
Con Raio, o 12 de outubro, veremos unha historia lixeira e divertida na que destaca a relación marioneta-manipulador e a interacción con público.
Con Froilán e o lobo poderemos desfrutar de un clásico de luva en teatriño a ritmo de cachiporra localizado na lenda de San Froilán.
Serán dous espectáculos de rúa o máis sinxelos de bultos e parafernalias pois só o esencial importa.