Entrevista: "O noso palmarés é froito de moitos anos de traballo, do adestrador e do equipo"
O jiu jitsu é un deporte de contacto, unha arte marcial, que serve aos corpos máis pequenos para derrotar a un corpo de maior tamaño e peso. Xogar coa técnica axuda a vencer ao contrincante. Así o explica o equipo Alpha Wolf Pack, capitaneado por Luis Castaño e que se dedican, en Lugo, a ensinar diferentes deportes de loita. Están na rúa Catasol e invitan a probar os deportes de contacto a todo aquel que desexe formar parte dunha familia chea de bos valores centrados nunha vida sá.
Cando nace Alpha Wolf Pack?
O equipo nace no ano 2012. Como creador buscaba un lugar onde adestrar. Nesa época, non había onde practicar estes deportes nin na provincia de Lugo nin na de Ourense. Así que, para poder entrenar, Luis Castaño crea un grupo de adestramento para ensinar a outra xente e, de paso, poder practicar el.
Cantas persoas conforman o club?
Actualmente, somos arredor de cen membros en tres filiais.
Que idades poden competir no equipo?
Temos membros dende os cinco anos ata os 55, nestes momentos. Pero non só nos adicamos á competición. Tamén ensinamos defensa persoal y difundimos valores a través dunha vida sá por medio do deporte.
En que consiste o Jiu Jitsu?
O Jiu Jitsu é unha arte marcial. Deporte de contato creado para que unha persoa pequena e débil puidera vencer a unha máis grande e forte por medio da técnica. Ten unha parte de defensa persoal e outra parte máis deportiva, de competición.
Que outras disciplinas traballades?
Ademais do Jiu Jitsu (BJJ) tamen facemos MMA (Artes Marciais Mixtas), Luta Livre Brasileira, que é unha loita con finalizacions, e Lethwei ou Boxeo Birmano, similar o Muay Thai pero mais completo. En xeral nos dedicamos aos deportes de loita.
Tedes un palmarés importante con varios campións estatais en distintas categorías, como se consigue isto?
O noso palmarés é o froito de moito traballo. Non só nos derradeiros dez anos, que levamos co club senón dende moito antes. Traballo, tanto do noso profesor coma de todos os membros do equipo que se esforzan moito por eles mesmos e polos seus compañeiros. Son anos de moitos adestramentos, de adicación, esforzo, cursos formativos, viaxes e moitas competicions.
Que habería que facer para formar parte do equipo?
Para formar parte do noso equipo hai que ter ganas de aprender, de mellorar e ter boa vontade. Somos unha familia e queremos que así siga sendo. Invitamos a vir probar a todo o que o desexe e a unirse á nosa familia.
Onde se vos pode atopar?
En Lugo, estamos en Rúa Catasol,17, no ximnasio que hai aí. Ademais estamos en Rúa Garrida, en Ourense e en Rúa Silveira, na Rúa. Asemade, poden atoparnos nas redes sociais e na nosa web www.wolfpack.es.