Olga Louzao: "Lugo necesita que a administración local sexa consciente da valía que ten"

LugoXa
Entrevista a Olga Louzao es una política gallega, portavoz del partido político Ciudadanos en la ciudad de Lugo.
saf-cig-pastoriza-saf-manifestacion
10 Apr 2022

María Olga Louzao Aldariz, nada en Lugo é unha política galega voceira de Ciudadanos en Lugo.

Como describiría a cidade de Lugo?
É unha cidade marabillosa cunha calidade de vida fantástica pero que precisa que a administración local sexa consciente da valía que ten como cidade. Esto é o que botamos de menos dende Ciudadanos. Creemos que hai moito que facer, que se precisan proxectos que axuden a mellorar a cidade e dean resposta ás necesidades e non a fines propagandísticos que supoñen un custe importante para as arcas municipais e non dan solución aos problemas que nos atopamos tódolos días.

Dende Ciudadanos sempre defendemos que é necesario ter un plan de rehabilitación urbana, que as vivendas e barrios da cidade estean en boas condicións, etc. Podemos ver como ano tras ano eses intereses quedan agochados e non se dedica nin un só euro a este tipo de propostas.

E o seu goberno? Como cualificaría o bipartito?
O bipartito municipal é unha absoluta decepción. En primeiro lugar porque simplemente están preocupados por ver quen anuncia ou fai a proposta máis vistosa baseada en anuncios e non en dar solucións aos problemas reais.

Por parte do Partido Socialista, algo que xa coñecíamos, porque ao final levábamos catro anos dende a oposición, nun mandato no que non se fixo absolutamente nada e cre que agora pode suplir ese non facer nada con anuncios que non se levan a cabo. Un exemplo disto vivímolo o outro día cando se anunciou o leira párking cando aínda non se ten aprobado o PXOM é dicir, vender fume.

Por parte do Bloque Nacionalista Galego unha absoluta decepción, eles estiveron catro anos na oposición sendo moi reivindicativos con moitos temas e agora cando teñen a oportunidade de levar eses cambios adiante non os queren facer. Un exemplo sería o tema de remunicipación da grúa, eles mesmos foron os que levaron esa proposta enriba da mesa, foi apoiada por tódolos grupos, pedíamos que se emitira ese expediente co estudo administrativo necesario e, ao final, eles levan dous anos e medio no concello e non foron capaces de iniciar o expediente e renovar o contrato.

Cales considera que son as debilidades do goberno actual?
Que eles non se levan ben. Creo que ser un goberno de coalición conleva un diálogo constante, é dicir, aínda que sexan dous partidos teñen que ter un proxecto de cidade común e deben dialogar sobre o mesmo. O que non pode ser é que cada un tire para o seu lado e que a súa maior preocupación sexa o rédito electoral propio, desta forma os que sofren este bigoberno son os cidadáns que quedan ancorados e sen solucións porque non son prioritarios para eles e non lle dan rédito político.

Cales son as maiores potencias da cidade?
Dende Ciudadanos sempre defendemos que a maior potencia que ten Lugo agora mesmo é o turismo e que esta, non é unha prioridade para o goberno. Xa non o foi para Lara Méndez no anterior mandato e non o está a ser para Maite Ferreiro como concelleira de turismo neste. O ano pasado crían que defender e promover o turismo era levar anuncios de teitopan a Fitur e neste ano creen que cunha estatua de Km 100 tamén se potencia o turismo. Non existe unha estratexia clara e continuada. Sobre todo porque Lugo ten moitas posibilidades a nivel industrial que tampouco están sendo explotadas. Nós levamos desde o mandato anterior moitas propostas como os créditos reembolsables e cremos que iso ten que ser unha punta de lanza para a cidade porque ao final estamos perdendo poboación. Lugo ten que medrar como cidade con oportunidades laborais, permitindo que os nosos mozos e mozas podan desenvolver o seu proxecto vital aquí.

Sen esquecerse da necesidade que ten a parte rural da cidade. Somos un concello con 54 parroquias cun potencial do campo moi elevado e non podemos esquecelas nas propostas de goberno. Esta é unha forma de desenvolvemento económico polo que non nos podemos permitir que sigan pechando explotacións agrarias, que non se poda obter desenvolvemento das propias porque non se dan licencias en tempo e forma. As licencias do rural levan atascadas moitísimos meses e agora comprobamos de primeira man canto de necesario é.

Cal sería a folla de ruta de Ciudadanos en Lugo se estivera no poder?
Absolutamente contraria ao que se está a facer agora. Nós sempre o dixemos como era a nosa forma de entender e facer política. Nós non entendemos que unha corporación con catro grupos non teña un diálogo e consenso sobre os temas importantes da cidade. Non se sentaron cos grupos para falar dos orzamentos, da fiscalidade municipal, etc. Isto fai que se tomen decisións erradas.

Un exemplo disto foi o autobús urbano no que non escoitaron as propostas da oposición nin as dos cidadáns.

Cremos que hai que ter claro cales son as prioridades nas que hai que traballar e dedicar recursos. O que non se pode facer é basear a política municipal en anuncios ou mega proxectos que non resolven as necesidades. Como as caldas do río ou o edificio verde, son proxectos que non se sabe canto van custar.

Ademais, non hai un control de gasto público, isto vai unido á falta absoluta de transparencia. Somos un Concello que gasta moito máis do que ingresa porque non hai un exame claro sobre o que se quere primar polo que se levan a cabo proxectos que custan moitos cartos e non dan rendibilidade nin social, nin económica.

É unha administración que priva aos cidadáns da información. Nós estamos reivindicando esta situación incluso acudindo á Valedora do Pobo para que, non só nos permitan acceder a nós á información como grupo da oposición, senón tamén aos cidadáns.

Cales son as maiores carencias da cidade?
Unha das maiores carencias é a falta de oportunidades. Somos unha cidade que non medra, onde os mozos e mozas teñen que marchar porque non existen oportunidades.

Temos que falar dunha cidade sostible que de resposta á realidade, non serve facer un carril bici se non se potencia o uso da bicicleta, se non hai aparcadoiros ou bicicletas publicas para alugar.

Hai que poñer recursos en todos os barrios da cidade co fin de que sexan atractivos para fixar a residencia. O barrio Feijoo, Milagrosa, Residencia están abandonados e non están no punto de mira.

Como está a traballar Ciudadanos para solventalas?
Nós o que nos permite facer este goberno é propoñer, propoñer e propoñer. Estamos moi contentos porque neste mandato están desempoando propostas que Ciudadanos presentou no goberno anterior, como si foran súas. Algúns exemplos de isto son o plan de reinserción económica, a estratexia Lugo Transforma que nós presentamos no 2016...

Cremos que ese é o traballo que temos que facer. Ser esa oposición útil pero ao mesmo tempo crítica. Polo tanto, pleno tras pleno seguimos facendo propostas en positivo que recoñecen e aproban. Unha oposición a pé de rúa, que coñece as necesidades da cidade e quere moitísimo a súa cidade.

Fai pouco recorreu á Valedora do Pobo debido á dificultade que teñen para ver os expedientes dos contratos de lixo e dos aparcadoiros subterráneos. Como está a avanzar este tema?
Nós presentamos o requirimento á Valedora do Pobo, ela fixo un primeiro requirimentos ao Goberno Municipal para esixir as explicacións pertinentes de por que non nos permiten acceder a esa información e, por que non está colgada toda a información que lles obriga a lei no portal de transparencia.

A Valedora do Pobo cada vez que fai un requirimento ou cada vez que ten resposta comunícao ás partes interesadas, a día de hoxe aínda non nos comunicou nada, polo tanto, entendemos que o Goberno municipal non contestou.

Creo recordar que na anterior ocasión cando pedimos a publicación dos contratos menores, a Valedora do Pobo tivo que facer tres requirimentos para que o Goberno municipal os fixera públicos.

En que están a traballar na actualidade?
Agora temos pleno municipal a semana que ven e presentaremos dúas propostas, unha relacionada con servizos sociais e outra relacionada co deseño da cidade. Tamén estamos a traballar en propostas de infraestruturas que presentaremos en breves porque cremos que hai que darlle outra visión a ese bigoberno municipal de como se pode traballar para mellorar a cidade.

Último logro acadado na cidade de Lugo nos últimos tempos?
O maior logro que ten a cidade son os cidadáns, son os que marcan o ritmo ao goberno. Podémolo xustificar coas modificacións do autobús urbano xa que foron as queixas dos veciños os que fixeron recuar ao goberno. Tamén o fixeron co tema da ocupación cando fai uns meses o goberno negaba a existencia desta problemática e, agora, participa en manifestacións.

O maior logro é a labor que fan os cidadáns para marcar a folla de ruta ao goberno.

Cal foi a súa maior decepción política?
A maior decepción política é a falta de comunicación. Creo que isto é fundamental para tomar as mellores decisións, porque creo que 50 ollos ven mellor que 10 e, para min, é unha continua decepción atoparse cun muro de contención. Isto leva a que non se leven boas decisións. Eu como lucense quero que se chegue a consensos que melloren a vida dos veciños e da cidade. Que non se tiren os cartos e que se den solucións aos problemas reais.

Que é o que máis desfruta da cidade?
O que máis desfruto é o tempo libre que teño. Eu estiven vivindo fora e decidín que a miña vida quería fixala en Lugo porque é a cidade na que me criei e crecín. Lugo foi a cidade que me levou a meterme na política co único obxectivo de que sexa unha cidade de oportunidades.

Teño os meus espazos favoritos que agora desfruto máis co meu neno. Ademais, poder ir a traballar andando é un luxo, ao igual que as zonas verdes que hai que coidar entre todos para poder desfrutalas e poñelas en valor.

Como convencería a alguén de que viñera a vivir a Lugo?
Lugo é unha cidade que che permite vivir ben, a calidade de vida é moi boa. Ao final cando fixamos a nosa residencia buscamos compatibilizar a labor profesional e persoal e Lugo permite esta premisa dunha forma doada. Diríalle que aquí vai ter calidade de vida e que vai ter persoas no Concello preocupadas por mellorar a cidade cada día.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18301510810852