"Os nosos produtos caracterízanse principalmente pola calidade e o deseño"

LugoXa
Muebles Villamor é unha empresa familiar con ampla experiencia no sector do moble, falamos con José Villamor para coñecela un pouco máis Cando e como nace Muebles Villamor? Muebles Villamor é unha empresa familiar que nace da man de meu avó e meu pai.
Muebles villamor portada
3 Dec 2023

Muebles Villamor é unha empresa familiar con ampla experiencia no sector do moble, falamos con José Villamor para coñecela un pouco máis

Cando e como nace Muebles Villamor?

Muebles Villamor é unha empresa familiar que nace da man de meu avó e meu pai. Comeza como unha empresa ligada ao sector da madeira e unha vez vinculados co sector deciden abrir tamén un negocio de moble. Continuamos sendo unha empresa familiar dende hai xa corenta anos.

Que tipo de produtos se poden atopar?

En Muebles Villamor traballamos con todo o relacionado co mundo do amoblamento do dende xuvenil ata dormitorios e salóns, e tamén traballamos con cociñas e baños. Ademais temos unha parte adicada exclusivamente ao descanso onde se poden atopar sofás e colchóns.

Que caracteriza os seus produtos?

Os nosos produtos caracterízanse principalmente pola calidade e o deseño. Traballamos moito por estar ao día en novidades nun sector que está moi ligado ao deseño e no que se move todo moi rápido.

Buscamos estar sempre ao día das novas tendencias internacionais en canto ao deseño e en traballar coas mellores casas e marcas, tanto nacionais como internacionais, que contan con multitude de referencias de calidade.

Cales son os valores que definen a súa empresa?

A calidade do servizo, tanto na atención nas nosas instalacións como o servizo de montaxe que ofrecemos aos nosos clientes. Non se trata só de vender mobles, contamos cun equipo de técnicos, interioristas e carpinteiros propios que traballan de forman conxunta para ofrecer un bo deseño e aconsellar as mellores opcións en proxectos de decoración e interiorismo para os nosos clientes.

Tamén estar constantemente informados e actualizados sobre as novidades, acudindo a feiras para coñecer novos produtos e tendencias, pero tamén en todo o correspondente ás novas tecnoloxías traballando sempre cos mellores programas para amosar aos clientes os futuros resultados. Para nós é moi importante traballar de maneira adecuada nos momentos previos á propia instalación física do moble para ofrecer un servizo completo e de calidade.

Este traballo de asesoramento non se realiza só naqueles proxectos de interiorismo ou deseño senón que buscamos sempre o mellor opción para cada cliente, aínda que veña só a buscar unha estantería.

Realizan algún outro traballo?

Si, dentro de Muebles Villamor tamén realizamos traballos de carpintería con mobles a medida.

Onde vos podemos atopar?

Estamos ubicados na Estrada da Coruña, 132 e contamos cunha gran exposición de mobles. Isto permítenos ter produto en stock, actualizado, coa vantaxe de que si alguén precisa algo concreto pode vir a nosa tenda e levalo de forma inmediata.

Outra das vantaxes de contar cunha gran exposición é a posibilidade de ver máis acabados e diferentes ambientes para que os clientes poidan realizar unha mellor elección.

Que é o que mais valoran os clientes?

Principalmente a calidade do produto e a atención moi personalizada a cada cliente. Cando un cliente chega ás nosas instalacións recibe un servizo único adaptado as súas necesidades.

Teñen algunha oferta na actualidade?

Si, contamos cunha oferta con descontos especiais por renovación de existencias, ata finais de ano estarán dispoñibles nas nosas instalacións descontos en produtos atemporais e de moi boa calidade.

Muebles villamor
0.1087121963501