Pablo Díaz, de Promedisa: "Promedisa é un negocio familiar que leva 35 anos funcionando"
Promedisa é un negocio situación na Avenida da Coruña número 104 en Lugo. Encárgase da venta de produtos medicos, sanitarios e ortopédicos. Falamos con Pablo Díaz Fieiras técnico ortopédico
A que se adica a súa empresa?
A venta de material médico e ortopédico tanto a nivel particular, ao público xeral como a centros hospitalarios e sanitarios, privados e públicos.
Lugo é unha cidade pequena polo que hai que abarcar distintos puntos para que sexa rendible.
Canto tempo levan funcionando?
Levamos 35 anos.
Como xurdiu a idea?
É un negocio familiar, montouno meu pai que era sanitario co fin de deixar un legado laboral aos seus fillos que non queríamos estudar.
Que tipo de servizos ou produtos prestan?
Un pouco de todo temos dende andadores, camas, cadeiras de rodas, grúas, etc. Cando un cliente quere un produto que non temos dispoñible intentamos buscalo ou ofrecerlle algunha solución similar.
En canto a material médico un pouco o mesmo, intentamos dar un servizo e opción ao cliente.
Non nos ceñimos a uns produtos concretos, intentamos abarcar o máximo posible para poder ofrecer o mellor servizo.
Cales son os produtos e servizos máis demandados?
Agora coa chegada da primavera e o bo tempo estamos a vender máis andadores e cadeiras de rodas xa que a xente está a saír máis a rúa a pasear, tomar o aire, etc.
Non hai un produto estrela, vai por épocas.
Cambiou o traballo nestes últimos tempos por mor da pandemia?
A verdade é que nas mascarillas e os xeles hidroalcohólicos foi no que máis se notou o cambio, antes vendíamos as mascarillas aos profesionais e agora hai máis tipos, e máis demanda, incrementouse notablemente o volume.
Que zona cobren?
A venta física limítase á provincia de Lugo. En canto a web, enviamos a toda a península e recentemente teremos envíos as Illas Baleares.
Cales son as últimas novidades do sector?
A verdade é que o sector mantívose estancado por mor da pandemia. Non houbo convencións, feiras nin visitas de comerciais. Máis que novidades houbo modificacións técnicas dalgúns produtos.
Que proxectos ten de cara ao futuro? Que obxectivos se marca?
Tal e como está todo o obxectivo e manter o volume de negocio que temos. Se puideramos aumentar algo sería perfecto pero vendo a situación con manternos como o de ata agora chéganos. Primeiro a pandemia, logo a guerra, a subida dos prezos, todo inflúe.
Existe moita competencia no sector?
Tendas de ortopedia hai bastante en Lugo para a poboación que hai na cidade. No ámbito online tamén existe moita competencia.
A que hospitais prestades servizo?
Principalmente cubrimos hospitais de Galicia.