Santiago Seijas, de My Byke: "Aumentou moito o traballo no sector e, de cara a primavera, aínda máis"

LugoXa
Entrevista a Santiago Seijas, gerente de la empresa lucense My bike que se encarga de vender bicicletas, su reparación y mantenimiento.
My-bike---Lugo-2
14 Maio 2022

Falamos con Santiago Seijas Alfonso xerente de My bike.

My bike, empresa lucense especializada na venta de bicicletas e accesorios. A bicicleta é unha solución sinxela para moitos dos problemas do Planeta: o cambio climático, a obesidade, os atascos, a saúde das persoas e do planeta.

Como xurdiu My bike?

Fai xa 5 anos que levamos funcionando. Nun principio estabamos na Ronda das Fontiñas e fai catro meses cambiámonos ao polígono das Gándaras, buscábamos unhas mellores instalacións, maior comodidade no noso traballo, aumentar o numero de produtos expostos e facilitar o acceso para os clientes.

Que tipo de servizos prestan?

Temos venta e reparación de bicicletas, levamos limpeza e mantemento e ademais tamén temos á venta accesorios para bicicleta. Neste campo contamos con vestiario deportivo, repostos, contaquilómetros, gps, sillíns, zapatillas e un apartado de alimentación deportiva.

Cales son os produtos máis demandados?

Este último tempo foron as bicicletas de montaña e, en xeral, todo tipo de vestiario e accesorios. Tamén está aumentando a venta de bicicletas eléctricas.

As bicicletas de montaña son moi polivalentes permiten ir por estrada e por montaña, para a xente que se inicie é ideal.

E os servizos con mellor acollida?

Todo tipo de reparacións. Funciona moi ben o lavado e mantemento das bicicletas. Agora estamos traballando con cinco marcas, dúas delas referentes do sector. Trek, Cannondale, Berria, Megamo Haibike e Ghost. Aí hai bicicletas de montaña, estrada, infantís, eléctricas e urbanas.

Son bicicletas profesionais ou un afeccionado pode atopar a súa sen problema?

Nós ofrecemos todo tipo de bicicletas dende primeiro prezo ata o que cada un queira gastar.

Cambiou o traballo nestes últimos tempos por mor da pandemia?

Si, a verdade é que no noso sector aumentou moito. Actualmente temos moito traballo e de cara a primavera aínda máis.

Estes dous últimos anos foron de moito traballo. Primeiro notouse na venda de bicicletas e posteriormente tamén se aumentou na venta de accesorios. A persoa que comezou comprando unha bicicleta de primeiro prezo agora cambia a unha bicicleta de máis gama.

Afectou en algo a demanda de produtos debido a nova instalación do carril bici?

Nós non o notamos especialmente. O que si que notamos, pero cremos que relacionado coa pandemia, o aumento do custe de combustible, etc. é que hai xente que opta pola bicicleta urbana, máis polo medio de transporte que polo carril bici.

Ademais, cada vez é máis complicado acceder aos centros urbanos co vehículo polo que para moverse pola cidade prefiren comprar unha bicicleta.

Que zona cubren?

Temos cliente tanto de Asturias como de Lugo cidade, moita xente da zona de Chantada, Meira, Castro.

O cambio ás novas instalacións supuxo un aumento de clientes da provincia, estes aproveitan a visita comercial que fan a cidade e ven pegar un ollo.

Ademais, fai pouco iniciamos coa nova web a venta online onde vendemos e distribuímos a toda España. O sitio máis lonxe onde enviamos foi a Mallorca un par de bicicletas.

Cales son as últimas novidades do sector?

Sobre todo o tema das bicicletas eléctricas, cada vez se melloran máis as baterías, os motores e aumenta a venta deste tipo de bicicletas.

Que proxectos ten de cara ao futuro? Que obxectivos se marca?

Neste aspecto asentarnos nas novas instalacións e ir ampliando o comercio online.

0.15635013580322