Entrevista: "Sinto paixón por axudar ás persoas no seu benestar físico, mental e emocional”
Águeda Fernández Villares é a xerente do Centro Holístico Ikigai de Lugo
Águeda Fernández Villares inaugurou en agosto de 2020 o Centro Holístico Ikigai, o seu local atópase ubicado na avenida de Madrid.
Cóntenos Águeda que é esto do Ikigai, palabra que da nome ao seu centro e como xurde esta idea?
Xa tiña experiencia neste eido de feito teño máis de 10 anos de formación. A idea veume porque para min é un tema de vocación, cada vez sinto máis paixón por este mundo xa que está moi ligado a axudar as persoas no seu benestar físico, mental ou emocional e a procura do crecemento persoal. Ikigai é unha palabra xaponesa que define unha filosofía de vida e que non ten unha tradución literal, pero pode interpretar como que Ikigai é a razón de ser, os xaponeses opinan que todo o mundo ten un propósito de vida, a nosa primeira misión na vida se non sabemos cal é o noso ikigai e atopalo para unha vez atopado estar satisfeito e darlle sentido a vida. Poderíamos dicir que o Ikigai consta de 10 leis fundamentais: Manterse sempre activo, tomar as cousas con calma, non comer ata encherte, rodearse de bo amigos, poñerse en forma, sorrir, conectar coa natureza dar as grazas, vivir o momento, seguir o teu Ikigai ou a paixón que tes dentro e que da sentido aos teus días.
Cales son as liñas de traballo para ofertar benestar ao seu público?
Hai moitas maneiras, cada un ten que utilizar aquela coa que se encontra máis afín. Eu utilizo a masaxe, de varias tipoloxías. A masaxe na nosa cultura actual está moi pouco valorada, pero noutras culturas como as orientais ou incluso aquí no pasado, quen non escoitou ante unha dor a expresión “fai unhas fregas” non deixa de ser unha fricción ou un movemento que se incorpora dentro dun tratamento completo de masaxe.
A masaxe permite estimular a enerxía do corpo. A masaxe, en contra de moitas crenzas, non só ten utilidade física aínda que esta é a máis practicada. Realmente é un medio de prevención fabuloso que mellora física e mentalmente, xa que logo do seu tratamento tamén a mente está relaxada, calmada. Para eses momentos da vida que estamos bloqueados, que non estamos conforme pode crear cadros de ansiedade, estres e repercuten no noso estado de ánimo, as masaxes poden axudar na prevención.
Que outros tratamentos aplica?
Combino a masaxe coa acupuntura, tamén traballo coa reflexoloxía sobre todo a relativa ao pé. Esta técnica basease en realizar presións en determinados puntos reflexos un dos mías utilizados é como falaba o da planta do pé, parece incrible pero en determinadas zonas podes mellorar a calidade de vida do usuario conducíndoo a un estado de calma que mitiga a dor. Tamén traballo con xema terapia, a utilización de diferentes pedras e minerais realizando unhas precisas presións así coma no eido de outras técnicas enerxéticas temos o Reiki que é unha técnica tradicional xaponesa que busca o reequilibrio do noso corpo.
Estas técnicas baseadas nas culturas tradicionais, como se levan coa medicina tecnolóxica?
Moitas das pautas da medicina farmacéutica ten raíces nas tradicións como poden ser por exemplo a utilización de plantas medicinais. Se ben é certo que a medicina actual é necesaria e eu sinto admiración por esa temática, pero tamén son da idea de que moitas veces as persoas fan mal uso dos medicamentos, de feito moita xente faino sen pauta e sen receita médica. Penso que debemos mirar de previr, e dicir, se podemos previr que teñamos que chegar a esa situación máis agravada que solo pase polo tratamento con pastillas. Son da idea que se miramos con tempo e cambiamos a nosa forma de actuar ante as diferentes situación que nos asaltan na vida diaria. Moitas veces tratamos a sintomatoloxía pero non a orixe do problema. Desde aquí intentamos conseguir que os nosos clientes vexan a vida con optimismo e que lles permitan vivir con saúde plena.
Estas actividades das que falaba son individuais, pero tamén realiza outras grupais?
Na actualidade oferto talleres e cursos. Na actualidade estamos con clases de ioga porque me parece unha actividade que engloba corpo, mente e alma e fomenta moito o noso benestar e tamén facemos talleres onde se mesturan ioga con danza e coa respiración e con movementos conscientes. Gústame moito traballar a toma de consciencia de sentirnos a gusto no noso corpo. O enfoque destas actividades é axudar as persoas a transformar a súa vida en positivo.
E dentro do público que ven as túas terapias, existe algunha diferencia por sexo, idade, etc?
Pois teño que dicir que si. As mulleres son en maior porcentaxe as máis habituais na prácticas de estas técnicas. Sen embargo non hai unha diferenciación en idades teño mozos desde os 8 anos por exemplo ata altas idades. Por exemplo teño moitos estudantes que queren buscar unha mellora da saúde e relaxación de cara a etapa de exames, tamén nenos que son moi activos para relaxarse e calmarse. E despois ven moita xente con problemas de ansiedade e estrés.
E como poden anotarse a estas actividades?
Poden facelo a través de móbil, por exemplo por vía WhatsApp no 696629696. Tamén poden seguirme no Facebook: Ikigai Centro Holístico e en Instagram CentroHolísticoIkigai. Recomendo que para pedir cita o fagan a través de mensaxe así poderei atendelos adecuándome as súas necesidades.