Entrevista: "Somos unha banda de rock para xente cativa"

LugoXa
A Gramola Gominola é unha banda de rock and roll en galego destinada a acercar este tipo de música aos máis pequenos da casa
Gramola Gominola Portada
26 Ago 2023

A Gramola Gominola é unha banda de rock and roll en galego destinada aos máis pequenos da casa. Gañadores do premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil contan xa con tres libros-CD no mercado. Falamos con Rodrigo Muñoz  para coñecer un pouco máis este grupo de música.

Quen forma a Gramola Gominola, como son os seus comezos?

A Gramola Gominola somos Paula Romero, Paco Cerdeira (Pakolas) Anxelo de Xermar e Ro Muñoz e empezamos este grupo no ano 2015 co obxectivo de facer unha banda de rock para a xente cativa.

Porque un grupo de rock and roll enfocado a nenos e nenas?

Por que non? O rock é a música ca que medramos na nosa infancia, e a nós gustaríanos transmitir ese legado aos nenos de hoxe e, ao mesmo tempo, conectar tamén cos seus país, xa que e o estilo de música co que medraron eles tamén.

Faltan referentes deste tipo de música para nenos?

Hoxe en día si, completamente. A tendencia musical agora mesmo dista moito do que foi, e se os nenos aprecian o rock e porque aos seus pais gústalles e escoitano con eles.

Como de importantes son as letras dentro da súa creación musical?

Moito, as letras dos nosos temas teñen mensaxes importantes para eles, cousas que nós queremos transmitirlles algunhas veces de xeito explícito e outras veces usando personaxes como pretexto para tratar un tema concreto.

O noso último traballo Bravas por exemplo e un libro que pon en valor ás Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes.

As súas protagonistas empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Estas son as BRAVAS, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo.

Que valores vos definen como grupo?

As nosas cancións apuntalan os nosos valores que son entre outros a igualdade, o ecoloxismo e a xustiza,

Todos veñen doutros proxectos “de adultos” que aporta unha banda destas características?

A nós personalmente moita satisfacción.

Coidamos moito todo en Gramola para entregarlle aos nenos e nenas un produto que lles faga sentir parte do que somos nós e que compartan a nosa paixón pola música.

Que influencias ten o grupo?

Pois cada un ten as suas, a verdade, pero a todos nos gusta o rock clásico, Queen, The Who, Led Zeppelin, The beatles, Pink Floyd e un longo etc.

Xa teñen tres CD, están traballando nun cuarto?

Estamos traballando no seguinte paso,si.

Como é un concerto da Gramola Gominola?

Pois intentamos que sexa unha hora divertida e participativa para os rapaces, onde canten, bailen, berren e levanten os cornos e marchen cun sorriso para a sua casa.

Onde vos podemos ver en próximos concertos?

En abril temos uns cantos xa pechados, aconsellamos a xente que mire a nosa axenda nas redes.

Que momento lembra con máis agarimo?

Eu personalmente a primeira vez que a miña filla Julia veu a un concierto da Gramola Gominola.

Gramola Gominola
Portada_Bravas_final
Concerto Gramola gominola
0.10765695571899