"Temos o stock de cerámica máis grande de Lugo"

LugoXa
Atonio Losada é o xerente de Sótano Outlet, unha nova empresa ubicada en Conturiz e especializada en cerámicas e mobles de baño
Sotano Outlet portada
1 Xul 2023

Falamos co responsable de Sótano Outlet, unha nova marca nun negocio de sempre

Que é Sótano Outlet?

Sótano Outlet é un tipo de comercio orientado ao outlet onde vendemos principalmente tres tipos de produtos, picos de restos de serie que proveñen do almacén central, partidas que se compran de oferta en grandes cantidades para promoción exclusivamente e temos tamén artigos en clase comercial, tamén denominada desclasificados. Traballamos principalmente con cerámicas e mobles de baño porque dende a nosa plataforma loxística xéranse moitos restos de serie que vendemos no outlet. No caso dos mobles de baño temos moitos retornados de exposición e descatalogados que se liquidan no outlet así como prototipos que se fabrican para facer as fotografías de catálogo e que tamén se poñen á venda en Sótano Outlet. Cando arrincamos dicíamos “non é un oferta, é unha nova oportunidade en Lugo”, non é que sexa unha oferta en concreto senón que abrimos un negocio que ten sempre ofertas, onde a filosofía é ter produtos moi competitivos e grandes oportunidades.

Como nace a idea?

O obxectivo de facer o outlet é primeiro resolver este problema e darlle saída a este tipo de produto e en segundo lugar competir coas grandes superficies comerciais que hai actualmente neste sector. Ofrecemos un prezo moi competitivo con deseños actuais e produtos de calidade e en contraposición a estas grandes cadeas do sector seguimos mantendo un servizo, unha atención comercial e un asesoramento personalizado e próximo que non teñen as grandes multinacionais. A vinculación persoal co cliente é moi importante para nós e tamén, algo no que facemos moito fincapé, é que somos comercio local, con todos os beneficios que iso conleva como manter os beneficios na túa cidade e non exportar a ganancia. Debemos traballar en conservar o negocio local o máximo posible e os negocios locais tamén nos debemos poñer en condicións de competir coas grandes plataformas, e niso estamos traballando.

Por que o nome de Sótano Outlet?

Este local sempre estivo vinculado á venda relacionada con materiais de construción e dispón principalmente de dúas grandes plantas que antigamente eran almacén e que se reformaron para transformarse en espazos expositivos ao público. A primeira planta conta de 1.400 m2 adicados integramente a exposición de baños, cociñas e cerámicas. E unha planta inferior á que denominamos “sótano”, que de forma moi gráfica lle dá nome a esta marca, e consiste nun espazo expositivo de 800 metros onde podemos atopar todos os artigos dispoñibles de Sótano Outlet. Xeramos este nome comercial diferente para que sexa moi evidente e moi claro que é un comercio diferente orientado a un sector de mercado diferente. Poderiamos facer ofertas puntuais con todo este material durante todo o ano pero ao final seriamos un comercio cunha chea de ofertas todos os días que desvirtuaría a alma da idea principal.

Que tipo de produtos podemos atopar en Sótano Outlet?

Estamos moi especializados en cerámicas e mobles de baño. Traballamos con produtos actuais, que non están desactualizados, e con materiais de moi boa calidade destinados por exemplo a chans para terrazas exteriores, chans para garaxes, azulexos para cociña e cuartos de baño e ata produtos de decoración. Así como tamén accesorios de baño, sanitarios e griferías. Temos o stock de cerámica máis grande de Lugo e dos máis grandes de Galicia, igualmente de pratos de ducha e mamparas. Pódense atopar produtos de diferentes prezos, en función da calidade e dos metros dispoñibles que queden.

Están enfocados a particulares ou profesionais?

Traballamos tanto con profesionais, como con particulares, Sótano Outlet está aberto a todo o mundo. Nós non ofrecemos simplemente un servizo de venda senón que tamén realizamos un traballo de asesoramento. Asesoramos desde a utilización do produto ata que produto se axusta máis ás necesidades do cliente. Tamén colaboramos con profesionais, nós temos unha carteira de especialistas e podemos recomendar aos nosos clientes o máis apropiado para o traballo que vai realizar, permitindo establecer relacións directas sen intermediarios, o que repercute de xeito moi importante no beneficio do cliente.

Que proxectos de futuro teñen?

Actualmente estamos a traballar nunha tenda en liña para poñer todos estes artigos a disposición dos nosos clientes a través de internet.

Sotano Outlet interior
0.11813306808472