Entrevista: "valoramos os productos naturais e de proximidade xa que a nosa cociña e de km 0"

LugoXa
A Raxeria A Laxa leva 25 anos traballando no mundo da restauración, falamos co seu dono Aser Blanco sobre o proxecto e os plans de futuro
POrtada A Laxa
16 Out 2022

A Raxeria Laxa leva 25 anos traballando no mundo da restauración, falamos co seu dono Aser Blanco.

Cantos anos leva A Laxa funcionando e como foron os inicios?

Levamos funcionando 25 anos, comezou meu pai no ano 1997 e o ano seguinte xa empecei a traballar eu tamén. É un negocio familiar, nos vivíamos pola zona, meus avós tamén. Eles tiñan un bar e pensión e despois montaron un restaurante nesta mesma beirarrúa. Ademais este local antigamente era un supermercado do padriño da miña mai. Os inicios recordo traballar moito moito e neses anos a inversión que fixemos recuperámola en dous anos.

Cal é o segredo para tanto anos de éxito?

O segredo de levar tantos anos é o talento, as gañas, esforzo e un pouquiño de sorte. Queremos facer as cousas ben, e unha forma de ver a hostalería como se fose o noso corazón ou noso fillo, facémolo por gusto.

A pandemia supuxo un freo en moitos sectores, como o viviron dende o restaurante?

Supuxo un poñernos as pilas en moitas cousas que tiñamos olvidadas, o modelo de hostalaría estaba moi obsoleto e modernalizámolo, cambiando carta e buscando un produto máis auténtico. A pandemia foi un punto de inflexión para nós. Hai seis anos fixemos unha reforma do local e non quedou nada de como o tiña meu pai. Reformamos as paredes, as mesas, non queríamos nada do antigo excepto a cociña, pero dando un toque moderno.

Repensamos a carta que tiñamos, que case todos os locais tiñamos o mesmo, e tamén en darlle unha volta o viño, que non tiñamos viños galegos. Empecei interesarme polo viño e a introducir o produto o máis galego posible, que si pensan na cociña tradicional galega pensen na Laxa.

Que é o que mais valora á hora de adquirir os produtos para o restaurante?


Traballamos con produto e comercio local, non traballamos con grandes superficies, tratamos que todo o noso produto sexa galego. A nosa cociña é cociña quilómetro cero, non utilizamos procesados polo que valoramos os productos naturais e de calidade.

Cal é a súa especialidade?

Na cociña especializámonos hai seis anos en carne de vaca premium, temos corte solombo, entrecosto, chuletón, faldra e temos tamén morcilla, que gusta moito. Traballamos tamén o churrasco e segredo de porco e seguimos, como cando comezamos, co raxo, que fomos designados o mellor raxo da provincia.

Que proxectos ten de cara ao futuro?

Estamos intentando ampliar, por sorte actualmente o negocio funciona ben e este local quédasenos un pouco pequeno. Temos unha cociña moi pequena, antes a tendencia era deixar máis espazo para o local, o que querías era ter a maior xente posible agora iso cambiou e é necesario unha cociña máis grande. Priorizar a calidade fronte a cantidade, por iso imos mudar de local e tamén facer algúns cambios como deixar de ter menú do día.

Que é o que mais valoran os clientes?

A calidade, o servizo e o prezo, pero sobre todo a calidade. É mellor ter que subir un pouco os prezos para poder mantea a calidade que sacrificar a calidade por non subir un pouco o prezo. Tamén o servizo, actualmente temos un equipo moi bo co que estamos moi contentos e iso tamén é un feito diferenciador.

Aser laxa
0.10177683830261