Erguer convoca unha manifestación en Lugo para reclamar ás universidades que rachen relacións con Israel

LugoXa
Erguer denuncia como o exército israelí daba un paso máis coa ameaza sobre a cidade de Rafah, onde se refuxian un millón trescentas mil persoas, acrecentando o xenocidio contra o pobo palestino.
manifetacion palestina lugo1
13 Maio 2024

Erguer denuncia como o exército israelí daba un paso máis coa ameaza sobre a cidade de Rafah, onde se refuxian un millón trescentas mil persoas, acrecentando o xenocidio contra o pobo palestino. O nacionalismo galego leva anos manifestando a súa solidariedade co pobo palestino e denunciando os numerosos ataques indiscriminados que o Estado xenocida de Israel vén facendo co obxectivo de aniquilar a toda a poboación da franxa.

Esta solidariedade internacionalista intensificouse dende o pasado mes de outubro, cando Israel incrementou os seus ataques, e mantense a día de hoxe coas convocatorias periódicas en vilas e cidades de todo o país. Deste xeito, chaman ás estudantes galegas, colectivos e diferentes organizacións a sumarse ás concentracións que realizaremos de xeito simultáneo nos campus galegos o vindeiro martes 14 de maio ás 20 horas. No caso de Lugo, terá lugar na Biblioteca Intercentros.

Con isto queren reclamar ás tres universidades galegas que se comprometan a rachar relacións coas universidades israelitas e desenvolver relacións de solidariedade académica con Palestina. Esixíndolles que se posicionen en favor dun alto ao fogo inmediato e permanente e da fin das agresións israelís contra o pobo palestino e condenen publicamente a represión que se está a producir contra as manifestacións de solidariedade co pobo palestino que ten suposto o desaloxo violento de campamentos e a detención de estudantes por parte das forzas policiais en países como os EEUU e Alemaña, así como a represión de manifestacións de apoio a Palestina.

0.19238901138306