Escolares lucenses fórmanse en seguridade na rede
A Policía Nacional está a formar aos escolares lucenses en materia de ciberseguridade. Así, no día de hoxe, foi o turno do CPR Divina Pastora no que os alumnos aprenderon a facer un uso responsable da internet e onde se lles pediu que difundan os coñecemento adquiridos sobre os peridos do mal uso das novas tecnoloxías e as redes sociais.
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, fixo entrega dos carnets de ciberexperto a 50 alumnos de 6º curso de educación primaria do CPR Divina Pastora, de Lugo, que asistiron ás charlas impartidas polo delegado de Participación Cidadá da Policía Nacional, Rubén Darío Veiga.
Isabel Rodríguez felicitou a todos os nenos e nenas que hoxe recibiron os carnets de ciberexpertos e tamén incidiu na importancia de concienciar aos menores sobre a necesidade de facer un uso seguro da internet e das redes sociais, e de protexer sempre a súa privacidade. Neste sentido, a subdelegada fixo fincapé na importancia de que nenos e adolescentes reciban formación sobre cómo deben navegar de xeito seguro e responsable na internet.
A subdelegada explicou que tanto a Policía Nacional como a Garda Civil están a facer un gran labor educativo nesta materia ofrecendo charlas nos centros educativos da provincia. Un deses programas de formación é do programa Ciberexpert@, que imparte a Policía Nacional a alumnos de 6º de primaria, con charlas en varias xornadas.
Durante este curso, só no concello de Lugo, foron orredor de 200 os escolares de seis centros escolares que participaron nesta actividade. Concretamente, esta formación chegou a alumnos do CEIP Manuel Mallo Mallo (Nadela), o CEIP Sagrado Corazón, o CPR A Milagrosa, o CEIP de Albeiros, o CEIP Quiroga Ballesteros e o CPR Salesianos-Divina Pastora.
Os escolares recibiron formación en materia de identidade dixital, netiqueta, redes sociais, suplantación de identidade, ciberacoso, sexting, grooming e tecnoadicións, entre outras.
Co desenvolvemento deste programa, a Policía Nacional trata de sensibiliza e formar aos menores co obxectivo de minimizar os riscos que poden atopar no uso cotián das TIC. Tamén se pretende familiarizar aos menores e ao seu contorno educativo e familiar no uso de ferramentas para unha navegación máis segura e capacitar aos escolares no uso seguro das redes sociais.