Escolares visitan a Praza de Abastos e o Mercado Municipal

LugoXa
Un grupo de nenas e nenos participaron nas visitas escolares á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal organizadas pola Tenencia de Alcaldía
Praza visita escolares
20 Dec 2022

Un grupo de nenas e nenos que participaron nas visitas escolares á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal organizadas pola Tenencia de Alcaldía foron recibido polo concelleiro de Educación, Felipe Rivas e Cristina López, responsable da área de Participación. A concelleira Cristina López explicou que o obxectivo desta actividade é conseguir que as nenas e nenos “coñezan a importancia da alimentación e que ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións”.

As visitas foron ofertadas a todos os centros de ensino de Lugo, e nelas, as nenas e nenos teñen a opción de realizar unha visita guiada á praza, onde coñeceron os distintos postos de ambas instalacións municipais, e productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0. Desde a área de Participación cóntase coa colaboración de estudantes do grao de Nutrición Humana e Dietética da USC na realización destas visitas.

“Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos”, afirmou Cristina López, que engadiu  "buscamos que a veciñanza de Lugo aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado, desfrutando da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

0.1315438747406