Escollidos os gañadores do concurso de poesía de Outeiro de Rei
TerraChaXa | LugoXa
A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de nenos e nenas gañadores do Certame de Poesía Infantil Nadal 2023 na fase local do concurso.
3 Feb 2024
A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de nenos e nenas gañadores do Certame de Poesía Infantil Nadal 2023 na fase local do concurso.
Na categoría A (ata 8 anos) venceu Carlos Fernández López (7 anos), seguido de Martín Carreira Freire (7 anos). Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Emma Barrio Martínez (11 anos), ao que acompañan Irene Sotillo Izquierdo (10 anos) e Iago Río Pernas (9 anos). Tamén se escolleron dous accésits que foron para Alejandra Martínez Seivane (11 anos) e Claudia Carreira Freire (11 anos).