Esgotadas as entradas do concerto que Andrés Suárez dará en Lugo

LugoXa
Este outono regresa a Galicia o ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos, unha das citas musicais imprescindíbeis de cada nova tempada.
momentos acustiquisimos circulo
17 sep 2023

Este outono regresa a Galicia o ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos, unha das citas musicais imprescindíbeis de cada nova tempada. Este 2023, Nena Daconte, Elefantes, O Kanka e Andrés Suárez conforman o cartel desta sexta edición de directos únicos e irrepetíbeis, nos que, como é habitual, primarán a calidade sonora e a experiencia próxima para o público.

Deste xeito, do 18 de novembro ao 1 de decembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos regresa a catro cidades galegas -Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo- da man de catro figuras imprescindibles da escena musical indie actual.

Este 2023, os directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos concentraranse en tres fins de semana e, Andrés Suárez, poñeralle o broche dourado ao ciclo no Círculo das Artes de Lugo o venres 1 de decembro, ás 21.30h, tamén en formato só, para o que as entradas xa están esgotadas. Unha das voces máis apaixonadas e persoais da canción de autor celebra a saída do seu noveno disco Viaxe de vida e volta sobre os escenarios cunha extensa xira que fará a súa parada en Lugo, nun acústico íntimo, da man de Momentos Alhambra Acustiquísimos. Pero neste novo show en vivo, que promete amor, humor, xocosidade e optimismo, non faltarán, tampouco, as cancións máis icónicas do galego.

momentos acusticos alambra
0.18762993812561