Espectáculos e animación infantil axudarán a amenizar a espera polos Reis Magos

LugoXa
Mañana, 5 de enero, la espera por los Reyes Magos en Lugo será amenizada por espectáculos y animación infantil.
ruben arroxo maite ferreiro gustavo freire
4 Jan 2022

Maite Ferreiro anunciou que a cabalgata de reis deste ano contará con 10 espectáculos que amenizarán o tempo de espera ata chegar xunto aos Magos de Oriente, que visitarán Lugo o vindeiro mércores 5 en horarios de mañá e tarde, entre as 12 e as 14 horas e entre as 17:30 e as 19:30. Ferreiro explicou que “a explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire contará con espectáculos novidosos e de calidade para amenizar a espera das nenas e nenos ata chegar xunto aos Magos de Oriente”.

A área de Cultura conta con espectáculos de gran calidade internacional, como La Parada Amorosa, de Remue Menage ou Chamôh, de Paris Benares, ambos chegados desde Francia. Ademais, contarase coa animación de primeira calidade achegada pola compañía galega Culturactiva, que achegará cisnes, cebras, bonecos e unicornios, ou o Rancho de Reis Xeitoso de Reviravolta.

Maite Ferreiro destacou que "escollemos as inmediacións do Gustavo Freire ao ser unha zona que conta con boas conexións en bus urbano para as persoas que decidan achegarse en transporte público, ademais de ter boa dispoñibilidade de aparcamento público e gratuíto nas inmediacións".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16182589530945