Esperante contará cunha actividade de Mindfulness o domingo
LugoXa
Será na carballeira de O Forno de Catuxa, a cargo do experto Edgar Tarrés
16 sep 2024
A carballeira do Forno de Catuxa, na parroquia de Esperante, en Castroverde, acollerá o vindeiro domingo, 22 de setembro, unha actividade de mindfulness.
Esta estará a cargo de Edgar Tarrés, un dos grandes expertos internacionais nesta materia, profesor de ben estar e ledicia na Universidade de Girona, que será o encargado de dirixir a actividade.
As inscricións están abertas ata completar o aforo, que é de 25 persoas. Ten un prezo de 2o euros.
Para participar recoméndase aos participantes levar roupa cómoda en función do tempo que faga así como algo para sentarse (estera ou toalla), un antifaz e unha libreta.