Esquerda Unida e Podemos acudirán en coalición ás eleccións municipais
LugoXa
Esquerda Unida e Podemos acudirán en coalición as vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio
28 Feb 2023
As agrupacións de Esquerda Unida e Podemos Lugo alcanzan un acordo para acudir en coalición ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.
Tras varias xuntanzas, nas que destacou a “cordialidade e a predisposición de lograr un acordo, ambas organizacións pecharon o pacto co cal poder presentar un proxecto para mellorar as vidas de todos e todas as cidadás de Lugo”.
Esquerda Unida e Podemos mostran “o seu agradecemento mutuo polo esforzo e a xenerosidade mostrada para conquerir éste acordo de coalición”.
O vindeiro xoves, a través dunha rolda de presa, informarán de quen será cabeza de lista e baixo que siglas acudirán ás eleccións.