Está a celebrarse a 51ª reunión da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR)

LugoXa
Baixo o título de 'Fusilando a los ponentes', especialistas de toda España participan no Salón de Actos da sede provincial
Sogapar
25 Oct 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou a 51ª reunión da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR).

Baixo o título de 'Fusilando a los ponentes', especialistas de toda España participan no Salón de Actos da sede provincial nun encontro que, tal e como valorou o mandatario provincial, “reforza o papel de Lugo no I+D+i e na innovación”. Xunto a Tomé Roca participaron no acto a presidenta da xunta directiva de SOGAPAR, Marina Blanco; e o presidente do comité organizador, Luis Alejandro de Llano.

Logo de dar a benvida á provincia, José Tomé sinalou que “desde a Deputación facemos unha defensa da sanidade pública e da dignidade do traballo dos médicos e do persoal sanitario. Non pode haber unha sociedade con boa saúde se non coidamos primeiro dos nosos médicos”. Sinalou que “os avances das vosas especialidades son os de toda a sociedade, tanto no tratamento como na difusión dos hábitos saudables”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18679690361023