Esta semana dará comezo as obras de reforma da contorna do colexio Rosalía de Castro

LugoXa
O inicio das obra serve "para continuar mellorando a seguridade viaria nas contornas escolares"
plan-colexio-Rosalía-de-Castro-Lugo
4 Aug 2025

Esta semana darán comenzo as obras de mellora do entorno do colexo Rosalía de Castro que se beneficiará do plan de seguranza dos entornos escolares posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que xa se redactou o plan de tráfico preciso e esta mesma semana iniciaranse as obras. A Xunta de Goberno do Concello de Lugo adxudicara as obras por un importe de 124.078,45€ cos que se creará unha plataforma única con zonas axardinadas e bancos "creando un novo espazo de convivencia como o que podemos ver no norte da cidade, na contorna do Colexio Luís Pimentel"

O CEIP Rosalía é un dos cinco centros da cidade incluídos no programa de vieiros escolares seguros "facilita a conciliación familiar, ademais de promover hábitos de vida saudables e reducir o tráfico rodado na contorna dos colexios" dixo Rubén Arroxo que asegurou que esta actuación complementa o proxecto "Camiño ás Aulas". As obras teñen un prazo máximo de execución de 3 meses "aínda que se optimizarán os prazos e o xeito de execución para non afectar á o normal funcionamento do Centro Escolar".

⚙ Configurar cookies
0.30758690834045