Estanse a levar a cabo traballos de conservación e acondicionamento no Teso do Castro da Ermida, en Navia

Ecoloxistas en Acción alerta sobre novos proxectos de minaría de ouro nos Ancares e pide avanzar na reciclaxe de aparellos electrónicos.
xacemento navia 3
29 Ago 2023

O Teso do Castro da Ermida conta cun orzamento de 18.000 euros para os traballos de conservación e acondicionamento para a posta en valor do asentamento castrexo e para a súa catalogación e posterior visita.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou en Vilela, no municipio de Navia de Suarna, e destacou as importantes actuacións realizadas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia neste asentamento castrexo, no que se actuou desde o ano 2020, que presenta un recinto fortemente delimitado por fosos e murallas, propios da Idade do Ferro en Galicia, e que "trátase dun xacemento de grande interese histórico e cultural, e que é un ben catalogado do Patrimonio Cultural de Galicia, e que como administración temos a obriga de protexer e conservar".

O xacemento de ao redor de 2 hectáreas, sitúase preto do lugar de Vilela, na parroquia de Santa María de Son, no concello lucense de Navia de Suarna. Tal e como se desprende dos estudos realizados polo equipo arqueolóxico, este conxunto patrimonial se vincula ao proceso de integración das poboacións locais na complexa dinámica do Imperio Romano, que explotaba os xacementos auríferos do río Navia e os seus afluentes, de aí o seu alto valor histórico.

O obxectivo destes traballos pasan pola conservación e acondicionamento do xacemento arqueolóxico de Teso do Castro da Ermida, así como a súa catalogación e posta en valor, garantindo  as condicións de mantemento axeitadas para a súa visita, ademais de realizar outras accións de difusión. Para iso, se levará a cabo a escavación arqueolóxica duns 10 metros cadrados no sector leste do xacemento onde se fixo unha sondaxe no ano 2021, para rematar a escavación da vivenda circular alí localizada. Tamén se realizará unha diagnose, consolidación e acondicionamento dos restos arqueolóxicos escavados nunha superficie aproximada duns 150 metros cadrados para a súa posterior visita. Todos estes traballos, que comezaron o pasado martes día 22 forman parte dun proxecto que acomete Terra Arqueos, e que ten un prazo de execución de catro meses.

Catro anos de traballos 

O delegado territorial da Xunta en Lugo lembrou que a actuación que se está a acometer neste castro da continuidade ás realizadas desde 2020. Neste sentido explicou que "dados os valores históricos e naturais que posúe este xacemento arqueolóxico, o goberno Galego deu resposta á necesidade urxente de acometer traballos de conservación das estruturas arqueolóxicas escavadas para evitar o seu deterioro, e coa actuación que comezou a semana pasada imos consolidar e acondicionar as estruturas arqueolóxicas atopadas no ano 2021 de cara a súa protección".

A intervención neste conxunto patrimonial comezou no ano 2020, cando se realizou unha roza e limpeza, baixo control arqueolóxico do xacemento arqueolóxico, que permitiu favorecer a súa conservación e catalogación durante a cal se localizaron unha serie de restos e indicios dunha serie de estruturas arqueolóxicas relacionadas co hábitat do xacemento.

No ano 2021 leváronse a cabo 2 sondaxes arqueolóxicas, que permitiron exhumar algunhas das estruturas arqueolóxicas localizadas durante a limpeza efectuada no ano 2020, coa finalidade de concretar a súa cronoloxía e funcionalidade e avanzar no estudo e coñecemento histórico deste xacemento. Na sondaxe sita ao oeste do xacemento (S1), documentouse unha vivenda circular completa e tamén estruturas correspondentes a outras 4 vivendas que so se escavaron de maneira parcial.

A vivenda descuberta nesta sondaxe destaca por conservar uns paramentos de case 4 metros de altura e no seu interior se localizou un fogar central protexido por un pequeno muro que fai de paraventos fronte á porta e tamén un banco corrido sito fronte ao fogar. Por último, na sondaxe realizada na zona leste do xacemento (S2) escavouse a metade dunha vivenda circular que conserva varias fases e outras 3 vivendas de xeito parcial.

0.19458985328674