Estase a acondicionar a praza do Campo da Feira de Monterroso

LugoXa
A escola municipal de música de Monterroso ten aberto o prazo de inscrición no que contan cun amplo abano de clases.
obras campo da feira monterroso 2023
6 Out 2023

O Goberno local do Concello de Monterroso destina 30.000 euros ás obras de acondicionamento da praza do campo da feira, fronte ao centro de interpretación das feiras. O Goberno local executará está actuación grazas a unha subvención concedida polo Goberno autonómico.

O contrato, que acometerá a empresa Manuel Novoa Castro S.L., terá unha duración dun mes.

O alcalde, Eloy Pérez, explica que se trata dunhas obras “moi necesarias” coas que se pretende recuperar espazos para os peóns sobre os vehículos mediante a eliminación de barreiras arquitectónicas.

Actuacións

En concreto, as obras contemplan a ampliación da beirarrúa diante do Centro de Interpretación, eliminando prazas de aparcamento e creando unha plataforma única que una co resto da zona verde, dando prioridade ao peón sobre os vehículos e eliminando barreiras arquitectónicas.

Amplíase a beirarrúa existente, eliminado prazas de aparcamento e executando a ampliación da beirarrúa co mesmo pavimento lastras que ten na actualidade e reducindo a zona de rodadura, que se executará en plataforma única e en formigón fratasado, como o resto da praza.

Prevese a instalación de sinalización podotáctil e a mellora do paso de peóns, seguindo o establecido na Orde TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.

Tamén se prevé a execución de 3 xardineiras a modo de alcorques, que poidan albergar árbores de sombra e instalaranse 7 bancos.

A maiores, tamén se vai acondicionar o acceso á Praza Conselleiro Fernando Salgado dende a Nacional 640 mediante a renovación de beirarrúas e aplicarase dunha capa de aglomerado en quente na estrada de acceso. Tamén quedará prevista a instalación de farolas de alumeado nas beirarrúas de acceso.

0.16579008102417