Este domingo a asociación Os cinco ríos organiza un novo mercardillo de cousas usadas

LugoXa
O mercadillo organizado pola asociación Os cinco ríos do Corgo celebrará unha nova edición este domingo 9 de abril
Feira corgo segunda man
5 Abr 2023

Volve o mercadillo e rastrillo de cousas usadas do Corgo tras o éxito da inauguración celebrada o pasado 12 de marzo.

A asociación Os cinco ríos organiza este domingo 9 de abril a partir da dez a segunda edición desta cita que terá lugar todo os segundos domingos de cada mes ata xullo. 

A xornada contará con postos de vendedores ambulantes e calquera particular tamén poderá poñer o seu posto. Ademais como novidade todas as persoas poderán levar unha cousa antiga para expor e a máis curiosa terá premio. 

0.14654994010925