Este domingo remata o XXI Circuíto Corre con Nós na contorna de Frigsa
Este domingo terá lugar a derradeira proba do XXI Circuíto Larsa Corre con Nós, evento no cal as persoas participantes percorrerán o entorno da Piscina Municipal de Frigsa.
O Corre con Nós contou con seis carreiras – actualmente hai rexistradas 1.850 inscricións - que aglutinan diferentes percorridos e distancias, con retos para todas as idades, sendo o único circuíto de probas atléticas gratuíto en Galicia.
A proba comezará ás 12:00 horas coa categoría mini, que percorrerá 250 metros, a recta de Meta. Cinco minutos despois sairá a sub10-sub12, con 850 metros de percorrido, que fará unha volta polo interior do Parque de Frigsa.
Ás 12:15 horas será avez da sub14-sub16, con 1.700 metros de percorrido, que sería dúas voltas ao circuíto. Para final,as ás 12:30 cos adultos, que farán un total de 5.600 metros) cun percorrido que transcorrerá polo interior do Parque de Frigsa e pola Avenida Duquesa de Lugo.
Está previsto que, a partires das 11:30 h e ata as 13:30, o tráfico da Avenida Duquesa de Lugo no tramo paralelo ao Parque de Frigsa sexa dirixido e controlado polo Servizo de Policía Local de xeito que a marxe dereita, en sentido o Polígono de O Ceao, estea dividida por conos para facilitar a circulación nos dous sentidos mentres que a outra marxe estará cortada e dedicada ao desenvolvemento da proba de adultos.