Este domingo terá lugar o Desafío San Miguel 2024 en Monterroso

LugoXa
A proba ciclista espera reunir na capital da Ulloa a preto de 200 corredores
desafio-san-miguel-monterroso
12 sep 2024

O Concello de Monterroso colabora co VII Desafío San Miguel 2024, que terá lugar este domingo día 15 de setembro.

A proba ciclista espera reunir na capital da Ulloa a preto de 200 corredores. Ofrecen a modalidade dunha ruta longa de 52 quilómetros e unha versión curta de 36 quilómetros.

O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno, deu a coñecer o cartel da proba xunto cos membros da organización, o equipo do Club Ciclista BTT San Miguel.

As inscricións están abertas na web www.ccnorte.com

0.21432590484619