Este domingo volve a Ruta dos Lobiños á Fonsagrada

LugoXa
O Concello da Fonsagrada e a AD Fonsagrada Balompé abren o prazo de inscrición para a VIII Ruta dos Lobiños BTT Júnior
Ruta lobiños portada
23 Xuño 2023

O Concello da Fonsagrada organiza o vindeiro 25 de xuño a IX edición da Ruta dos Lobiños. 

Destinada a nenos de entre 7 e 15 anos será unha ruta de pequena dificultade polo camiño Primitivo. Haberá lavado de bicis e avituallamentos durante a ruta. 

Posteriormente haberá unha parrillada para todos os participantes, e tamén nais e pais que así o desexen. 

A xornada dará comezo ás 9.00 coa entrega de dorsais na praza do Concello e ás 10.30 será a saída dende o mesmo lugar. 

A parrillada será ás 14.30 na Parrillada Alameda. 

Ruta lobiños 2
0.10284399986267