Este sábado ruta e xantar en Proba de Navia

Mañá sábado 10 de setembro terá lugar a actividade Navia no verán. A xornada dará comezo as 11.00 e rematará ás 19.00
portada
9 sep 2022

Mañá sábado 10 de setembro terá lugar a actividade Navia no verán. A xornada dará comezo as 11.00 con un paseo fluvial que sairá da Proba de Navia e pasará por a aldea de Barcia e o muíño de Maseiriños.

O xantar terá lugar na área recreativa do Alargo e cada quen levará a seu propio xantar.

Xa pola tarde dará comezo ás 16.00 un paseo pola vila da Proba de Navia para coñecer o seu patrimonio paisaxístico, monumental, etnográfico e artístico. E tamén haberá unha visita ó museo etnográfico privado da Casa de Nicasio.

305561095_638633651024137_7391845908906607189_n 2
0.10198307037354