Este venres, 16 de maio, abrirase o novo treito da rúa Montevideo tras rematar parte das obras de peonalización

Este venres, 16 de maio, abrirase o novo treito da rúa Montevideo despois de que despois de finalizar as principais tarefas de peonalización previstas no proxecto ‘Lugo Corazón Verde’.
Esta apertura permitirá recuperar a práctica totalidade da rúa para o uso veciñal, co obxectivo de mellorar a mobilidade e a calidade urbana do centro histórico.
O ámbito que se porá en servizo inclúe as rúas Montevideo, Ramón y Cajal, Quiroga Ballesteros, Amor Meilán e o tramo de Bolaño Rivadeneira comprendido entre o número 19 e a Praza de Ferrol.
As intervencións pendentes nestes treitos serán a instalación dalgúns elementos de mobiliario urbano como balizas, papeleiras, bolardos e aparcadoiros para bicicletas, así como axustes menores en parterres e alcorques.
Nestes últimos, realizaranse labores complementarias como reforzos estruturais e aplicación de pintura en acabado tipo aceiro corten. Tamén se levarán a cabo traballos puntuais como o axuste de tapas, a limpeza xeral da vía ou a instalación dun portalón nunha parcela de Montevideo, actualmente utilizada como zona de acopio.
Con esta actuación, só quedará pendente a intervención nun punto concreto da rúa Bolaño Rivadeneira, entre o número 19 e a rúa Nova, onde se localizaron recentemente restos arqueolóxicos de época romana.
A actuación neste ámbito está a desenvolverse baixo a supervisión da dirección arqueolóxica da obra, respectando en todo momento os protocolos establecidos para a documentación, estudo e protección deste tipo de elementos patrimoniais.