Este venres entran en funcionamento modifiacións puntuais no bus urbano de Lugo

LugoXa
As modificacións aprobáronse na mesa de transporte celebrada o pasado mes de marzo, e entran en funcionamento este venres.
Bus urbano
9 Ago 2022

O enente elcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir deste venres entrarán en funcionamento unha serie de modificacións puntuais nas liñas 1.2, 1.4, 3 e 5 do transporte público municipal. Arroxo explicou que “este venres poñemos en marcha unha serie de pequenos cambios que van mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, ao garantir mellores conexións en bus urbano”.

As modificacións puntuais das liñas aprobáronse por unanimidade o pasado mes de marzo nunha xuntanza da Mesa de Transporte Público, co consenso dos grupos políticos con representación no Concello de Lugo. Este venres entran en funcionamento despois de realizarse todo o procedemento administrativo relativo ás modificacións das liñas. O tenente alcalde afirmou que “estes cambios realízanse reutilizando o quilometraxe modificado en zonas con poucos usuarios de bus para redefinir outras liñas e aumentar a eficiencia do sistema de transporte público de Lugo, garantindo que se cumplan os horarios”.

A zona de Castelo, cuberta pola liña 5, mellorará as conexións para permitir un retorno polo centro da cidade. Un dos dous buses que actualmente pasan por Castelo modificará o percorrido conectando a Ronda da Muralla, Ramón Ferreiro e Fontiñas, cubrindo o HULA. Esta liña cubrirá o Carqueixo cada hora. O percorrido de ida, pasará por Castelo, San Roque e a Ronda, conectando coa Residencia. “Ademais, crearase unha liña especial Castelo que permitirá conectar esta zona periurbana co centro da cidade ás 3 da tarde, permitindo á xente ir e volver ao traballo en bus”, explicou o Tenente Alcalde.

Outra das modificacións consiste na modificación de un dos dous buses que cubren a liña 3. “Debido a que a zona entre a rotonda da UNED e a de Nadela teñen moi poucos usuarios cada día e unha conexión cada media hora, a partir deste venres aumentamos a eficiencia deixando un bus cada hora nesta zona e aproveitando a quilometraxe para modificar o traxecto e atender a unha serie de peticións veciñais”, explicou o tenente alcalde.

O percorrido entre as rotondas da UNED e Nadela ten habitualmente menos de 7 usuarios diarios. Modificando un dos dous percorridos que realiza a liña 3 cada hora, permitirase que esta liña poida pasar por Ramón Ferreiro, atendendo a unha petición da veciñanza do fondo da Avenida de Madrid, continuando ata Sindicatos, e conectando posteriormente a zona de Paradai coa avenida da Coruña, atendendo do mesmo xeito á veciñanza de Paradai. O percorrido de volta, conectará Paradai e Fontiñas co Campus, dando conexión entre Fontiñas e a zona universitaria cada 30 minutos. A zona entre as rotondas da UNED e Nadela continuará a ter un bo servizo de bus urbano, xa que malia reducirse a frecuencia da liña 3 a 60 minutos, a liña 11 continuará a operar nesta zona.

A Mesa de Transporte aprobou actualizar as liñas 1.2, 1.4 e 12 para dar servizo á nova fase do polígono das Gándaras. Arroxo explicou que “trátase dunha pequena modificación necesaria, xa que no momento de deseñar as novas liñas esta fase do polígono non estaba operativa”.

0.20417904853821